Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

JACINTO VERDAGUER Y SANTALÓ
Fotografía do catalán,sacerdote e poeta (1845-1902), Jacinto Verdaquer y Santaló, que lle leu o discurso de Alfredo Brañas escrito en galego nos Xogos Rexionais cataláns no ano 1893 na Lonxa de Barcelona.
O banquete celebrado en honor dos poetas laureados na noite do 7 de maio,explica ante os douscentos máis notables de Barcelona "la impresión que experimenté al verme honrado con el alto cargo de "MANTENEDOR" de los Juegos Florales,sendo tan escasos os meus méritos e tan humilde a miña personalidade literaria".Mais o acto dos Xogos Florais resultou accidentado na parte final,pois o Xeneral Martinez Campos,dixo que se soubese que se ían dicir tales cousas,referíndose ó discurso de Brañas," no hubiera asistido al acto y hubiese mandado un pelotón de soldados. El Sr Martínez Campos,ainda que sé sentiu molesto polas frases do poeta galego Sr. Alfredo Brañas que pronunciou ó Sr. Verdaguer,non se molestou polas idéas de autonomia,senon pola inxusticia que se cometía dicindo que Cataluña era unha segunda Polonia,así como Galicia era unha segunda Irlanda.
A Revista "LA ESPAÑA REGIONAL"que se publicou en Barcelona en 1885, abriulle-las súas páxinas ós rexionalistas galegos,MANUEL MURGUÍA,WALDO ÁLVAREZ INSUA,SALVADOR CABEZA DE LEÓN e outros rexionalistas galegos,AlFREDO BRAÑAS ocupou as súas páxinas coa súa colaboración. A súa actividade pública non só foi periodística pois tamén animador e impulsor de Tunas de Santiago e de Portugal,e colaborou coa Cámara de Comercio santiaguesa para fixar ás bases dunha política económica con respecto a Cuba.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 13-06-2018 14:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal