Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

BALDOMERO CORES TRASMONTE
En Santiago,Brañas exerceu as funcións de redactor de mesa na redacción de EL PORVENIR ,que continuará logo en EL LIBREDÓN. Cabe lembrar-las súas primeiras armas en EL PORVENIR,onde deu a coñece-lo seu artigo sobre "As aguas salino-termales da illa da Toxa.Dicia Brañas que a universidade galega,"andando o tempo chegaria a ser un dos establecementos cientificos e literarios máis concurridos de España". Manexou unha extensa documentación,que resumirá na obra do REXIONALISMO. Publicou moitos traballos nos diarios santiagueses LA GACETA DE GALICIA e no ECO DE GALICIA,que o tiveron como unha fonte de noticia e de información cos cales colaborou.Para Alfredo Brañas LA GACETA era dalgún xeito,o periódico ideal,envexable e envexado que nunca chegou a te-lo rexionalismo.Neste periódico ensaiou Brañas diversos xéneros periodisticos,poemas e contos,fixo crítica literaria dos libros dos seus correlixionarios rexionales. Un dos poetas do seu tempo por quen sentía Alfredo Brañas máis admiración era o ouresán ALBERTE GARCÍA FERREIRO.
--Na Gaceta de Galicia publicou un artigo de "Necroloxía sobre La Excma Sra. Duquesa de Medina de las Torres" do día 5 de xullo de 1892;outro sobre as pequenas industrias derivadas da agricultura e ganderia,asinado en Vilagarcia de Arousa o 14 de setembro de 1896.
Tamén colaborou no Eco de Santiago,xornal que saíu por primeira vez á rúa o 1 de marzo de 1896,baixo a dirección de Celestino Sánchez Rivera.En xullo de 1897 publicou un artigo titulado "Sin caudillo",onde dí que os pobos como os individuos recorren un ciclo,xa que tamén teñen a súa infancia,a súa xuventude,a súa virilidade e a súa decadencia senil.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 13-06-2018 09:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal