Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

TUNA DE SANTIAGO no ano 1888 que inspiró a LUGUÍN
Despois dos seus comenzos na prensa católica de Santiago; Alfredo Brañas orientase cara ó desenrolo dunha prensa rexionalista,defensora dun rexionalismo galego e dun rexionalismo español.
Dúas revistas de Enrique Labarta Pose,un dos seus grandes admiradores,orientarono a esa prensa rexionalista,na moi seria e ben construída Galicia humoristica,publicou Brañas algunhas traduccións ó galego,como a versión de a ¡ Quién supiera escribir! "de Campoamor,letra para muiñeira.
A relación entre Murguía e Brañas,dende o punto de estimación mutua,foi sempre unilateral,pois mentres que Alfredo mantivo unha especie de culto ó que será coñecido como o patriarca das letras galegas,Murguía non foi quen de expresar en letra de molde ningunha opinión favorable ó polígrafo,e mesmo,en momentos decisivos,censorou indirectamente a súa visión rexionalista. É certo que Brañas sentía un afecto moito máis profundo por Murguía,e di que Murguía é a " encarnación viva da historia rexional. Tamén é arto que o entusiasmo que Brañas sentía por Rosalía era moi superior ó que podia sentir por Murguía.
Manuel Murguía era mestre nas técnicas periodisticas do silencio,que outros continuaron logo,e máis que atacar,era dado a silenciar aqueles ós que non estimaba.As diferencias con Brañas eran ideolóxicas.
Na carta de Brañas que dirixe ó director de A MONTEIRA,lembralle as formas de acción propagandística máis eficaces,para chegar ó pobo:" Teño confianza en que cando nos lean e nos entendan os labregos,os traballadores,é dicir,os que sofren,emigran,morren de fame e pagan trabucos,o noso trunfo será seguro e compreto ".
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 13-06-2018 09:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal