Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

BALDOMERO CORES TRASMONTE
Victoriano García Martí,que logo foi un gran ensaísta,que cando era alumno de Alfredo Brañas non participaba das súas tendencias ideolóxicas.
Hai quince periódicos diarios na provincia da Coruña,8 na de Pontevedra,3 na de Lugo e ningún na de Ourense. A Coruña e Pontevedra superan cada unha a Valencia que só conta 5 diarios e Sevilla con 3.
No mesmo tempo no que Brañas publica "EL REGIONALISMO",Waldo Álvarez Insua dá á luz pública a súa "GALICIA CONTEMPORANEA(PÁXINAS DE UN VIAJE)" na Habana.Son duas achegas máis que engadir á incipiente literatura sobre o entendemento dos medios de comunicación en Galicia. Alfredo Brañas entrou no periódismo activo de Galicia da man de Xoán Barcia Caballero e de Antonio Toledo Quintela.O 14 de outubro de 1881 cesou a publicación de " EL PORVENIR " e refundiuse co título de "EL LIBREDÓN". Periódico católico e literario,tamén baixo a dirección de Antonio Toledo.
Antonio Toledo faleceu en Santiago en abríl de 1885,a súa morte fíxose cargo da dirección de "EL LIBREDÓN "ata o 1 de maio de 1887,momento no que o periódico se refundiu co "EL PENSAMIENTO GALLEGO",o que é nomeado o carballés HERMENEGILDO CALVELO novo director que significaba un cambio en prol dunha inclinación carlista que Alfredo Brañas non compartia,interesado en facer un periodismo católico sen servidumes partidistas,carta que lle dirixe a Calvelo en 1887 na que deixaba moi clara a súa posición ideolóxica,en relación co seu xeito de entender unha prensa católica distinta do carlismo e de calquera partido político. Envioulle unha carta onde lle decia
" Meu querido amigo:con sorpresa inaudita acabo de saber que contra todos os meus desexos refundiuse EL LIBREDÓN con EL PENSAMIENTO GALLEGO. O meu pensar ao escribir Ud ésta misiva é que o público en xeral e toda a prensa de Madríd,de Galicia e demais provincias,sepan que eu non interviñen para nada en este cambio del LIBREDÓN e que éste mentres estuvo baixo a miña dirección foi un diario exclusivamente católico e independiente.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 12-06-2018 22:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal