Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

BALDOMERO CORES TRASMONTE
Alfredo Brañas e os medios de comunicación do seu tempo.
--Brañas figura no periodismo galego como promotor,director,redactor,colaborador e animador dos diarios do seu ámbito social e cultural. Dende o punto de vista do contido da súa obra publicística:Brañas exerceu,ademais,funcións como crítico literario,creador poético,narrador de contos,articulista de fondo e editorialista.
ALFREDO BRAÑAS estivo moi presente na prensa galega como figura noticiable,e personaxe público de relevo galego;a sona que lle daba a súa condición de lider do rexionalismo galego;a súa actividade como directivo e animador de asociacións importantes de Santiago,como o Ateneo León XIII,entre outras actividades públicas,aseguráballe unha cota de publicidade abonda para ser fonte de noticia.No diario EL ALCANCE do 1 de xuño do 1893,nun número extraordinario adicado a ALFREDO BRAÑAS,tiveron algúns dos seus alumnos,ocasión de pór de relevo o cariño que lle profesaban ó que consideraban o seu gran mestre. No "PENSAMENTO DE GALICIA"do 1 de marzo de 1900 un alumno escribia"Un recuerdo póstumo de Alfredo Brañas",e o 22 de febreiro de 1900,EL ECO DE SANTIAGO publicaba un artigo de un alumno baixo o título de "AL MAESTRO". En tempos nos que as distancias entre o profesor da universidade e o alumnado eran tan distantes como insalvables.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 12-06-2018 21:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal