Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

FRANCISCO JAVIER SANJIAO OTERO
Alfredo Brañas préstalle moita atención ó sistema tributario español,o gravame soportado polos labregos en impostos territoriais e de consumo,e os aranceis aduaneiros que efectuaron negativamente á nosa economía,e impulsaba a emigración cara outras terras de familias enteiras que embarcaban tódalas quincenas nos portos de Vigo,Carríl ou A Coruña con dirección ás pampas americanas ou ás abrasadas chairas do Brasíl.
Habia unha discriminación sufrida polos labregos galegos,xa que mentres se adoptaban aranceis que protexían o trigo castelán,ó mesmo tempo,producírase un incremento dos aplicados ó millo,o que disminuirá as importacións de trigo,e incrementará o prezo do millo,producto esencial para o país galego.
-- Ademáis o proteccionismo a prol de Castela impuxera represalias proteccionistas que afectaban á exportación galega de gando a Inglaterra,e de viño a Francia. Según Alfredo Brañas o progreso industrial sería realizado dende os GREMIOS,que protexerían a industria e informarán sobre as conveniencias das reformas propostas dende os poderes públicos,xa que o Estado non pode nin debe contituírse xamais en industrial. A causa principal do atraso galego eran as institucións centralistas que,pola súa uniformidade procedía a lexislar dende o centro,dando un patrón único para tódolos pobos,ainda que foran opostos as súas necesidades.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 12-06-2018 17:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal