Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ
Fronte á tirania do salario propoñia Brañas a creación de pequenas empresas en canto "emancipan o obreiro eo converten de simple mecanismo a empresario activo e intelixente que traballa na esperanza do aforro,reorganizando a familia e promovendo o espírito asociativo e político(pois o caciquismo vese favorecido pola miseria).
--Resulta sorprendente que ao día de hoxe poidamos recoñecer en medidas propostas por institucións públicas,e privadas,propostas moi semellantes ás recollidas nesta memoria,é recoñecida a importancia que as pequenas e medianas empresas tenén como impulsoras do desenvolvemento económico e como soporte da maior parte do emprego que este xenera. Alfredo Brañas recolle a necesidade do capital para realizaren estas actividades e propugna o establecemento de sociedades de crédito popular como Bancos,Caixas de Aforro e Bancos Hipotecarios que achegaran estos recursos e de leis que protexeran o crédito galego e paliaran o seu emprego noutras rexións máis adiantadas,tamén fai notar a preparación dos individuos que resulta exencial para acadar o éxito,no que xoga un papel fundamental á Universidade.
Cando se produce o proxecto do Goberno español de suprimi-la Facultade de Dereito e a Escola Especial de Veterinaria en Compostela expón a discriminación que suporía para o noso país tal medida,en canto non se pode condenar á ignorancia e á barbarie a dous millóns de habitantes.
Outro tema considerado por Alfredo Brañas son ás vías de comunicación no que critica os atrancos que sofren as obras do ferrocarríl a Pontevedra polos intereses localistas e o papel clientelista dos responsables políticos.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 12-06-2018 17:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal