Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

FCO. JAVIER SANJIAO OTERO
Cando foi ó da desamortización dos bens en máns mortas,foron postos á venda os bens comunais,que si eran aproveitados polos labregos e gandeiros galegos.Nun escrito sobre a venda destes bens comunais ALFREDO BRAÑAS avoga polo recoñecemento legal dos bens comunais.
O aproveitamento destes bens posibilitáballes ós labregos máis pobres,a cría de gando,que así podían dispoñer de coiro,leite e manteiga.ALFREDO BRAÑAS pregúntabase que sería dos maltratados labregos se se lles collese o derradeiro baluarte da súa económia,o " terreo comunal",que é o sostemento do seu gando,a desaparición destes bens e dos seus aproveitamentos conducirían os labregos á ruina,á emigración e ó aumento da pobreza.A preocupación de BRAÑAS pola falta de actividades industrias en Galicia está recollida nunha memoria do ano 1889,na que aparece un programa para o seu impulso na provincia de Pontevedra;recolle a posibilidade de establecer industrias que poidan crearse con pouco capital,polo tanto,máis factible,na práctica,por outra banda presentaba unha visión negativa do industrialismo que creou os xigantescos obradoiros que desorganizou a familia,levándoa do fogar á fábrica,aumentou sin tino a poboación obreira,produciu as máis espantosas crises industriais,desenvolven os peches patronais e as folgas.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 12-06-2018 14:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal