Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

EFECTOS DA DESAMORTIZACIÓN EN GALICIA

A adquisición pola burguesía das propiedades influíu negativamente na industrialización de Galicia,outra magoa era a extrema división das propiedades que caracterizaba ó agro galego,derivada en gran medida da figura do "subforo" e ainda o que é peor,financian a industrialización allea mediante a transferencia das súas forzas productivas.
Mais en Galiza douse o espallamento a finais do século XIX da industria conserveira na hai que destaca-la aparición de capitais cataláns,xa que eiquí só tiñan capacidade exportadora con certos productos do sector primario(por exemplo na exportación de gando,pesca,ou madeira de piñeiro).A adicación de Alfredo Brañas ós estudios de Económia Política xunto con Manuel Colmeiro produciu un efecto optimista;Brañas era consciente da penosa situación que atravesaba a economía galega na súa época,laiándose de que "ermos e abandonados os campos,atrasados os cultivos,emigradas as xentes,entronizado o caciquismo. E isto non é o peor:os nosos homes van ó centro,toman parte na política unitarista,e enredados cos seus negocios persoais ou egoístas esquécense do pobre país que agoniza e morre:alá se van tamén á Corte os pretendentes,os literatos,os mozos que valen,os capitalistas que negocian,os ricos que gastan,e aquí quedan os que nada esperan,os que pouco valen,os que nada teñen para estorbo dos que aínda esperan a salvación da súa patria,inactiva,pobre e desemparada.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 12-06-2018 14:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal