Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

FCO. JAVIER SANJIAO OTERO
Fotografía de Fco. Javier Sanjiao Otero.

-- O derradeiro cuarto do século XIX supuxo en todo o mundo unha etapa de fortes cambios no eido económico. Habia países que xa executaran a súa revolución industrial.Non era o caso de Galicia cun nivel de crecemento moi baixo,e en gran medida dependente do sector primario.
A agricultura presentaba graves desaxustes entre eles o exceso de man de obra,a escasa entrada de capital,a baixa mecanización,as reticencias de propietarios ás innovacións,e o mantemento de institucións obsoletas de pouca eficacia económica. As actividades industrias presentaban un mercado atrasado e limitábanse á explotación dos recursos naturais,como nas minas de cobre de Riotinto ou nas de mercurio de Almadén,mediando o investimento de capitais estranxeiros que buscaban a exportación sen elaborar destas materias. Só en industrias moi concretas como a téxtil en Cataluña,ou a siderurxia en Euskadi.
Asi mesmo influian outros factores como a escasa presencia de capital productivo español.Centrandonos en Galicia,quedou practicamente excluida do proceso de industrialización. A base da actividade económica galega está no sector primario,na explotación agrícola e gandeira e na explotación dos recursos pesqueiros. Se ben a comenzos do século XIX os cultivos como o millo e a pataca impulsarán un crecemento de producción agrícola e a absorción da forza laboral,pero a presión do fisco(Foros)impulsaron a emigración a outras terras. Pode decirse que o pequeno propietario pagaba dun 60 a 70 por cento.De igual forma a "Desamortización" e a venda das terras en mans mortas,non implicaron para o agro galego ningún cambio,alén do cambio da propiedade da terra a favor de especuladores ou da burguesía urbana. A desamortización supuxo na súa maioria unha poxa de rendas forais,é dicir,dereitos a percibir rendas antes pertencentes ó clero,o que supuxo a pervivencia dos foros como mecanismo esencial de explotación da terra ata entrado o século XX.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 12-06-2018 12:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal