Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

DIVISIÓN DE GALICIA EN SETE PROVINCIAS(Século XVI)
Texto de Alfredo Brañas.-División Territorial de Galicia.
O antigo reino galego formaba,a efectos fiscais,unha das 38 provincias ou intendencias en que se organizaba a monarquía,se ben se subdividia internamente dende o último tercio do século XVI,en sete " provincias "(equivalentes ós partidos doutras intendencias españolas),
constituidas polos ámbitos xurisdiccionais respectivos das cidades de BETANZOS,A CORUÑA,LUGO MONDOÑEDO,OURENSE,SANTIAGO,e TUI,os representantes das cales integraban a Xunta do Reino e compartián a representación deste nas Cortes de Castela. A sede do intendente,o mesmo ca da Audiencia e a Capitanía Xeral de Galicia,localizábase na cidade de A Coruña,mentres que Santiago posuía a da Xunta do Reino,ademais da capitalidade arcebispal e universitaria.
A desproporción nos tamaños e poboacións das sete provincias era notoria. A máis grande en tamaño era Lugo(8105 k2),a máis pequena A CORUÑA con (785 km2);en poboación a mais grande era SANTIAGO(396.312 habitantes) e a mais pequena A CORUÑA con (49.956 habitantes).
Ademais das sete cidades cabeceiras de provincia,existían 94 vilas.A vila local galega,abraiantemente rural,organizábase de feito sobre as parroquias (3.652) no tempo de 1789,e nas súas asembleas vecinais dirimíanse os problemas comúns básicos das aldeas e lugares.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 01-06-2018 12:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal