Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

JAVIER DE BURGOS Y DEL OLMO (1778-1848)
O REXURDIMENTO

A medida que ás ideas liberais ián penetrando na incipiente burguesía comercial,tamén o facía outro tipo de concepcións ideolóxicas. Unha das cales a máis representativa no caso galego será o PROVINCIALISMO"un movemento que recolle unha vella aspiración,que Galiza sea considereda a efectos administrativos unha única provincia.Pretendiase con iso voltar a situación anterior á división provincial de Javier de Burgos,que habia suposto a desaparición da provincia/reino de Galicia e a súa división nas provincias actuales,en 1833.
En 1846 o descontento xeral eclosiona en Lugo,onde se pronuncia o coronel Miguel Solís.O exemplo axiña se extende polo territorio galego ata chegar a propia capital,onde o 15 de abril formase a Xunta Superior do Reino de Galicia.A reposto do goberno non se fai esperar e os sublevados serán xulgados e condenados a morte na vila coruñesa de Carral,de ahi que sean coñecidos como os "Martires de Carral". A este movemento seguelle na segunda mitade do XIX un fenómeno cultural e literario que supuxo todo un revulsivo para a defensa da lingua e a cultura galega.o REXURDIMENTO,que terá en Rosalía de Castro,Eduardo Pondal e Manuel Curros Enriquez aos seús mellores representantes,e será na primeira mitade do século XX cando alcance o punto máis notorio coas IRMANDADES DA FALA e o GRUPO NÓS.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 27-05-2018 22:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal