Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

PLACA DE FILLO PREDILECTO EN CARBALLO
Placa no xardín da Plaza Galicia en Carballo,onde fai homenaxe recollendo na mesma o nome de ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ como fillo PREDILECTO do seu pobo natal.Foi posta no homenaxe que lle fixo o pobo o día do centenario da súa morte no ano 2.OOO.

En xaneiro e febreiro do ano 2OOO tiveron lugar diversos actos con motivo do centenario do seu pasamento,coa presencia de diversas autoridades e familiares de Alfredo Brañas. A agrupación Cultural Lumieira ademáis dunha conferencia do historiador Xusto González Beramendi organizou unha ofrenda floral ante o cruceiro da Plaza de Galicia realizada polo poeta MANUEL MARÍA e a colocación dunha placa na casa natal,e o Concello de Carballo aprobou por unanimidade do pleno que tivo lugar o día 26 de febreiro de 2.OOO declarar a Alfredo Brañas fillo pedilecto a título póstumo e tamén realizou unha ofrenda floral o Alcalde Manuel Varela e a escritora e membro da Real Academia Galega Luz Pozo García,así como a colocación dunha placa conmemorativa na Praza de Galicia,e asistiu,entre outros,Francisco Puy,presidente da Fundación Alfredo Brañas.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 26-05-2018 19:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal