Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CASA EN OSEIRO ONDE NACEU MURGUIA (2)Pensamentos rexionalistas
Moitos anos hai que na nosa Historia de Galicia,os partidarios da centralización-dixemos que queriamos a diversidade dentro da unidade. Que no nome do Estado todopoderoso non reneguemos da nación á que pertencemos,e que en aras do poder central se sacrifiquen as provincias canto queda aínda nelas de sagro,esto é,o seu idioma,os seus sentimentos naturais,o seu pasado,o seu mesmo porvir posto en perigo de morte polos egoismos centralistas.
O académico Sr. Sánchez Moguel,referíndose aos rexionalistas galegos,pregúntanos,como si sinalase a maior das contradicións:"¿qué nacionalidade é esa que tratan de restablecer os rexionalistas galegos,si o seu fermoso e leal país,fóra do fugaz reinado de D.García,no foi nunca Reino independente ao xeito de Portugal,Cataluña,Aragón e Navarra,sinón como Andalucía,Extremadura,Asturias ou Castela,parte integrante,provincia fidelisima,da Monarquia leonesa-castellana? O noso adversario pasa con abondo valor en esquezo a monarquía sueva que durou perto de dous séculos;descoñece a importancia que tivo na formación do actual pobo galego;ignora que durante a dominación goda foi considerado o noso país como nación aparte. Nin que lle decir que ate a unión definitiva de León e Castela,fumos tan Estado que xa se chamasen os nosos reis,reis de Asturias,xa de León,Galicia era a que rexía e dominaba,porque era a maior parte. Os documentos daqueles séculos,cando falan da monarquía e do Estado formado por Pelayo nesta parte do Noroeste da Peninsula sempre lle chaman de Galicia.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 26-05-2018 15:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal