Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CASA EN OSEIRO ONDE NACEU MURGUÍA(pensamentos rexionalistas)
Fotografía da casa en Oseiro(Arteixo)chamada a casa de Pepe do Crego.Cando" ían cara a Pastoriza durante a romaría e en Oseiro a nai púxose mala,de parto.Decidiron que parise na casa de Pepe do Crego,a casa dos meus avós",explica Angélica Naya "Geluca",nacida en Pastoriza en 1932,quen comenta que a casa onde naceu o impulsor do Rexurdimento galego derrubouse,a finais dos anos 1970,para construir unhas cuadras.
Fina Naya nacida en 1945 en Oseiro comenta que un "gaiteiro de Carballo loitou para que non se derrubase. A casa era moi grande e estaba na carretera de Oseiro,e vivin nela ata os 21 anos,cando me casei". Manuel Murguía naceu "de casualidade"no Concello de Arteixo no ano 1833.Así o explican as veciñas que,máis tarde,ocuparon a casa na que pariu a naí do escritor,na localidade de Oseiro.
Galicia formou unha provincia durante a dominación dos romanos;un Estado soberano durante os cento setenta anos que durou o imperio dos suevos;foi país subordinado baixo o poder godo.Durante o periodo da Reconquista-xa cando era rexida por monarcas que se tiduaban reis de Galicia,xa cando se apelidaban de León-era ela a que gobernaba,eran as súas ideas e sentimentos os que informaban a vida pública do reino.No periodo que vai da trece á décimo sexta centuria viviu soia e entregada a si mesma:non lle faltou para ser un verdadeiro Estado independente máis que un rei propio.
Ao reclamar hoxe Galicia o dereito de coidar de sí mesma,pedindo para elo o réxime local,non fai máis que recobrar o que é seu.Obxétase que o recoñecer o dereito á existencia dos organismos particulares equival a decretar a ruina do Estado español,volvéndoo,dín,ás tebras medievais.Mais os que tal aseguran semellan esquecer que nos tempos máis gloriosos para España,nos séculos XVI e XVII,vivian as principais rexións españolas baixo o réxime particular.Ignoran que Galicia gozaba daquela de iguais libertades e goberno semellante ao das provincias vascas.
Que as sete provincias nas que estaba dividida Galicia gobernaban cada unha o seu propio territorio e xuntas dispuñan,por medio do seu diputado,do pais galego.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 26-05-2018 11:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal