Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ(Según Milagros Otero Parga)
Alfredo Brañas foi un personaxe ilustre cunha obra que merece ser coñecida e memoria do cal debe ser recordada.

OS TRAZOS MÁIS SOBRESAINTES da súa obra creo que se centran no seu catolicismo e no seu amor a Galicia.
--- Ningún destes dous amores era excluinte. Ó revés. O seu catolicismo impregnaba toda a súa vida e a súa obra ata o punto de influir cientificamente nas súas construccións académicas.
--- Así mesmo,o seu amor pola patria galega era profundo e sen condicións,pero non excluía a unidade de España.Non foi un federalista,senón que entendía o rexionalismo como unha forma de ser,como unha maneira de identificarse,de coñecer e protexer todo o galego.
--- Tamén foi un home profundamente universitario,que quería a Universidade como sede do saber,pero especialmente a Universidade de Santiago,á cal lle dedicou toda a súa vida (aínda que non de forma exclusiva).
MILAGROS OTERO PARGA (Fundación Alfredo Brañas)segue opinando sobre Brañas.

--- As suás ansias de coñecemento unidas a este cariño que sentía pola a alma mater compostelá "levárono a escribir en dous capítulos da súa obra EL REGIONALISMO,unha moi interesante e,ó meu xuízo,completa historia da Universidade de Santiago,que creo debería ser coñecida e xustamente valorada.

--- Tamén foi un home de acción,que xamais se contentou con "deixar pasar" aquilo que puidera considerar inxusto. Este risco do seu carácter traeríalle sucesivos problemas na súa vida.
--- Creo que posuia un espíritu verdadeiramente universitario,que se manifestaba na continua busca. A Universidade,segundo el,deber servir á sociedade e intentar solucionar os seus problemas,e non andar en desquisicións puramente teóricas.
--- Os que o coñeceron opinaron del que ademais foi unha gran persoa,amigo dos seus amigos(aínda que ó parecer todos o eran),que nunca quixo enriquecerse a costa de ninguén,senón traballou duro a favor de Galicia.
Non sei se as súas ideas sobre todo no ámbito da Economía política,foron ou non acertadas ou novidosas,pero si foron coherentes,serias e apaixonadas.
--- En canto á Filosofía do dereito,foi un pensador de corrente iusnaturalista e fundamentalmente aristotélico-tomista.
--- Polo que ó seu amor a Galicia se refiere,concibiu un sistema,o rexionalismo,que probablemente ten moito que ver coa actual estructuración das autonomías recollida no art,2 da nosa actual Constitución.
--- Considero moi apropiado que exista unha fundación galega que leve o seu nome e que se ocupe,entre outras cousas,de sacar á luz pública a súa obra.
--- En resumen,creo que Alfredo Brañas foi un home de ben,entusiasta e traballador,que o fixo o mellor que soubo e puido en todas aquelas labores que emprendeu. Que defendia a súa relixión a súa Universidade e a súa terra.Todos nós, lle debemos recoñecemento por isto e oxalá sexamos capaces,na medida das forzas de cada un,de continuar mantendo acendido o facho que foi o seu mellor legado.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 16-05-2018 18:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal