Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ALFREDO BRAÑAS UNIVERSITARIO (Fundación Alfredo Brañas) Ed. Galaxia
Libro de ensaio escrito por MILAGROS OTERO PARGA sobre a andaina de Alfredo Brañas como universitario.
No ano 1893 un 12 de marzo,a prensa anuncia o proxecto dunha nova división territorial do exército. Nela desaparecía a Capitanía Xeral da Coruña,existente nesa cidade desde a época dos Reis Católicos. Galicia enteira mobilízase e a esta mobilización únense os rexionalistas,que estaban pasando un mal momento ideolóxico,o incidente da Coruña deulles novas forzas e empeñáronse por primeira vez,desde había tempo,nunha causa común que lles interesaba defender. Brañas,tal e como era o seu talante,presentou batalla,aínda que só fora con escritos,que era á fin e ó cabo a súa profesión,e a mallor maneira en que podia facelo. Esto custoulle a el e a Murguía a apertura dun expediente,aínda que ó final estes foron sobresidos,ocasionoulle en numerosas ocasións problemas na Universidade. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/173928859093/alfredo-brañas-universitario align=left vspace=5 hspace=5 border=0>

De feito,no seu expediente figuran cartas do director xeral de Instrucción Pública pedíndolle informes ó rector de Santiago sobre a "supuesta actividade agitadora y antigubernamental" deste profesor.
Estos feitos non denigraron,e supoño que nalgúns círculos incluso ergueron,a figura de D. Alfredo e así,en 1894,foi nomeado socio de honor do Círculo Mercantíl de Santiago,creado ese mesmo ano. Tamén foi vicepresidente e secretario do Ateneo León XIII e desde alí traballou incansablemente para a creación dun Círculo Católico de obreiros en Ferrol,ós actos e certames do cal asitiría en distintas ocasións.
O 18 de xuño de 1898 fundou a LIGA GALEGA de Santiago,pero non tivo éxito nesta empresa,xa que a súa duración foi moi breve.

Non obstante permítaseme a licencia de estudiar,dunha forma un pouco máis ampla as dúas obras que considero máis significativas no pensamento deste autor.
Refírome a EL PRINCIPIO FUNDAMENTAL DEL DERECHO .Lecciones elementales de Historia de la Filosofía del Derecho (1887),por tratarse dun manual de Filosofía do Dereito,materia coa cal estou moito máis familiarizada e da cal me gustaría aprender, e EL REGIONALISMO pola importancia que tivo nese momento e sobre todo por ter dous capítulos dedicados á Universidade de Santiago de Compostela.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 15-05-2018 18:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal