Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA EN EL REGIONALISMO DE ALFREDO BRAÑAS (Fundaciòn Alfredo Brañas) Ed-Galaxia
A Organización administrativa no Regionalismo de Brañas según DOMINGO BELLO JANEIRO.
-. A provincia. Brañas propón,nun país dividido en rexións,substituí-la división provincial pola rexional. A provincia xa non dependerá directamente da soberanía central ou autoridade común,senón da rexión á que pertenza,e á fronte de cada unha habería un gobernador e unha Deputación.
Entre as competencias do gobernador destaca a de presidi-la Deputación. As Deputacións serían corpos consultivos que se reúnen en Pleno e teñen dereito a elixir a " Dieta provincial " composta por cinco individuos,encargados do réxime e goberno.
Os distritos.- constitúen o último nivel da división administrativa rexional,ainda que non por iso o menos importante. Á fronte de cada distrito haberá un alcalde ou corrixidor,un secretario e tres edís,que formarán o poder executivo municipal;os concelleiros serían elixidos polos compromisarios dos gremios.( que son constituidos polos ciudadáns de cada rexión)e procederán polo método indirecto da designación de compromisarios no sistema de votación ideado por Brañas,para elixi-lo alcalde e os concelleiros do municipio.

A Dieta municipal gozaría de plena independencia dentro do seu territorio para dictar regulamentos,circulares,bandos da policia etc. A autonomía municipal equipararíase á autonomía da rexión con respecto ó poder central do Estado. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/173924165343/domingo-bello-janeiro align=left vspace=5 hspace=5 border=0>

Barcelona,cidade desde a que lle presentou a súa grande obra "EL REGIONALISMO" á comunidade intelectual,sería a cidade elixida como sede de dito centro directivo por ser,a máis populosa e nomeada do Estado entre outras cousas. De forma que cada rexión teria a súa xunta e todas elas funcionarían baixo a dirección do Centro Superior de Barcelona. Os fondos recadados a través da achega dos seus afiliados serían custodiados e administrados polas xuntas rexionais e pola Central,ditos fondos costearían os gastos derivados da propaganda rexionalista. Desde a perspectiva galega e nacional,o rexionalismo como fórmula política ten en Brañas o seu grande ideólogo. Outros,ademáis del,deron e adiantaron fórmulas mais ou menos concretas do que deberia se-lo galeguismo,pero ninguén co acerto deste ilustre carballés de finais do século XIX.

Tódo-los estudiosos da súa figura coinciden en que a súa temperá morte constituíu,sen dubida,unha gran perda para todo o galeguismo e implicou a eclipse do rexionalismo compostelán durante moitos anos.
BRAÑAS NON É SEPARATISTA SENÓN QUE APOSTA POR DÚAS SOBERANÍAS,A REXIONAL E A NACIONAL.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 15-05-2018 14:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal