Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ANDRÉS POCIÑA PÉREZ
Fotografía de Andrés Pociña Pérez,nado en Lugo en 1947, escritor e profesor universitario.Escribiu un libro de ensaio sobre Alfredro Brañas "AS LETRAS GALEGAS NA OBRA DE ALFREDO BRAÑAS",en 1999 pola Fundación Alfredo Brañas. Ed.-Galaxia.

Alfredo Brañas non foi un estudiante aplicado nin no bacharelato(1869-1873)nin na carreira universitaria;cousa que non impediu que chegase a doutorarse na Universidade Central en 1885,e que gañase a cátedra de Dereito Natural da Universidade de Oviedo en 1887,cando tiña só vinteoito anos,e a de Economía Política de Santiago un ano despois.
Un dos aspectos da formación de Brañas destaca na súa presencia nos circulos culturais de Santiago,dato que evidentemente presupón unha boa formación literaria e o seu amplisimo coñecemento de todo tipo de escritores,de todos os tempos e cultivadores dos xéneros mais variados. Non se trata dun coñecemento superficial,nin de citas de nomes de prestixio,como tantas veces se fai mesmo sen lelos: cando Brañas recorre ós clásicos,a referencia non é gratuíta,non é por ostentación de cultura,senón por razóns de máis peso,como pode ser a de fundamentados.

É recurrente o que menciona na obra EL REGIONALISMO,que non deixa de ser unha obra sobre teoria e praxe política,redactada en prosa " GALICIA Y CATALUÑA" son las dos regiones que más se afanan por su independencia y libertad,aunque con diversos resultados: Galicia,pobre y desdichada se yergue del polvo de su humillación y dirige clamorosas protestas á sus verdugos por medio de tiernísimos poetas.

En cambio Cataluña rica y poderosa,no suplica ni llora: exige y manda;no emigra y se empobrece:se puebla y atesora;y formando en la vanguardia de los ejercitos regionales,empieza á ser la preocupación diaria y la pesadilla eterna del unitarismo que le atiende y respeta porque le teme y considera(SE ESTÁ VIVIENDO EN ESTE TIEMPO PRESENTE DEL 2018).
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 14-05-2018 22:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal