Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O PENSAMENTO RELIXIOSO DO PROFESOR ALFREDO BRAÑAS POR JESÚS PRECEDO LAFUENTE
FOTOGRAFIA DO PAPA PIO IX.O primeiro papa na vida de Alfredo Brañas é Pio IX.Un home próximo a toda idea conservadora;pero aberto,o mesmo tempo,á modernidade.
Tiña Brañas,cando morreu Pio IX,no ano 1878,dezanove anos,unha idade suficiente para facerse conta da situación da Igrexa e do que podía costarlle manterse confesional e publicamente católico. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/173797275703/papa-pio-ix align=left vspace=5 hspace=5 border=0>

FOTOGRAFIA DO PAPA LEÓN XIII. Que sucedeu a Pio IX,que duraría tres anos máis do que ía vivir Alfredo Brañas,excepcional diplomático,como o acreditou no seu oficio de árbitro entre Alemaña e España pola disputa das illas Malvinas. Home que saiu ó paso do Comunismo,do Socialismo e do Liberalismo,propoñendo a doutrina secular da Igrexa Católica,promovida por Cristo,da igualdade de dereitos de todolos homes. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/173797327238/papa-león-xiii align=left vspace=5 hspace=5 border=0>

CARDENAL MIGUEL GARCIA CUESTA.
Dos papas pasamos ós bispos,os arcebispos,que rexiron a sede compostelá durante a vida de Alfredo Brañas foron tres.
O arcebispo que rexía a sede compostelá cando naceu Brañas era D. Miguel García Cuesta,que morrería no 1873,considerado como pensador profundo e de fonda preparación teolóxica. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/173797381053/cardenal-miguel-garcía-cuesta align=left vspace=5 hspace=5 border=0>

CARDENA PAYA Y RICO.
A García Cuesta sucédeo outro Miguel-Cardeal Payá y Rico que estaría inseparablemente xunguido ó redescubrimento das reliquias do Apostol Santiago o Maior e dos seus discípulos Atanasio e Teodoro,agochados no século XVI,por medo ó inglés Francis Drake. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/173797418328/cardenal-payá-y-rico align=left vspace=5 hspace=5 border=0>

CARDENAL JOSÉ MARÍA MARTÍN DE HERRERA.
Da illa de Cuba,chegou a Compostela en 1889,o salmantino D.José María Martín de Herrera y de la Iglesia.A pobreza de tantas xentes e a propaganda anticatólica foron algúns dos males que,como pastor,debeu denunciar e contribuir a remediar.
Existían publicacións de inspiración anticristiá.Sabemos que condenou algúns xornais,procurando deste xeito arredar da súa lectura os diocesáns. Entre eles estiveron LA UNIÓN REPUBLICANA,de Pontevedra;LA REPÚBLICA,de Vigo;LA EMANCIPACIÓN,de Pontevedra;e,no mesmo ano da morte de Alfredo Brañas,condenou Martín de Herrera o libro Faro de la niñez de Francisco Pais,filoprotestante que editou a súa obra en Pontevedra.
No seu tempo de arzobispado colaborou e axudou a construcción da Igrexa de Carballo co párroco da mesma José Carballeira,adicandoselle o seu nome a rúa situada enfrente da mesma igrexa. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/173797461168/cardenal-josé-maría-martín-de-herrera align=left vspace=5 hspace=5 border=0>

PROFESOR JESUS PRECEDO LAFUENTE.- O Pensamento relixioso do Profesor Alfredo Brañas. Vou facer un comentario do espírito relixioso do profesor Alfredo Brañas.Trátase dun aspecto da personalidade de Brañas que algúns silencian intencionadamente;que a outros lles produce incomodidade,porque desexarían que este verdadeiro precursor e teorizante da Galicia de hoxe non fora tan claramente católico;pero que tamén a moitisimos nos resulta altamente satisfactorio.
Alfredo nace no seo dunha familia católica.Non o coñecín persoalmente,pero si coñecín a súa irmá dona Magdalena,que educou na plaza de Cervantes,no seu colexio,a tanta xente,ó sobriño doutor González Brañas e a tódolos seus fillos,amizade da que me gabo. Brañas,católico polemista.Non resulta extraño que Brañas se confese intransixente en materia relixiosa.Para el a fidelidade ten que ser absoluta.Baste mencionar os puntos nos que el fixa a loita que o critián verdadeiro ten que levar a cabo.Atopamos este programa no seu discurso de Burgos. Podemos resumir en tres apartados os movementos ideolóxicos que caracterizan o tempo no que viviu Brañas.
O primeiro deles é o LIBERALISMO,a exaltación da liberdade do individuo fronte a calquera autoridade,tanto estatal como eclesiastica.Só cabián para un cristián dúas reaccións: ou a de rebelarse contra o maxisterio da Igrexa,ou a da pecha-los ollos e segui-lo cegamente.
O segundo deles é o RACIONALISMO que se define como un sistema filosófico e unha orientación antiteolóxica.Ten dúas consecuencias importantes:unha,positiva,en canto se opón ó agnosticismo,ó escepticismo,ó sensualismo e outras correntes que diminúen a capacidade do ser humano;e outra negativa,xa que se opón á Teoloxía. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/173797500693/profesor-jesús-precedo-lafuente align=left vspace=5 hspace=5 border=0>

O terceiro deles .-e o ANTICLERICALISMO .Hoxe existe unha distinción mais clara entre clero e Igrexa.Hai a conciencia de que Igrexa somos todos e,polo tanto,distínguimos perfectamente entre clero e Igrexa.
Naqueles tempos non estaban tan diferenciados os lindeiros,e as sospeitas de adhesión ou de repudio eran moito máis fáciles.

Precedo Lafuente foi profesor de relixión da nosa promoción de Preuniversitario no ano 1970 no Instituto Arzobispo Gelmirez de San Caetano en Santiago. Antes do seu pasamento foi nomeado Deán,e ao dia de hoxe está soterrado no claustro da Catedral .
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 11-05-2018 15:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal