Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

MANUEL LUGRÍS FREIRE ( 2ª parte)
O Espírito de loita de Manuel Lugrís constrúese en gran medida na súa etapa migratoria na Habana,entre 1883 e 1896. Foron anos decisivos na súa formación,onde nacen os seus primeiros versos.

Lingua e irmandade foron leccións que aprendeu na Habana. Alí descubriu o valor da solidariedade galega capaz de asumir grandes empeños e alí descubriu tamén que é a lingua a única forza que nos pode unir,porque nos identifica,e nos distingue dos demais e nos personaliza.
En Cuba atópase co rexionalismo,fórmula ideolóxica e plataforma política que acababa de chegar importada de Galiza.E diso encargouse o rexionalismo a partire do ano 1885. O movemento rexionalista,impulsado dende as páxinas de EL ECO DE GALICIA,por Waldo Álvarez Ínsua,en epistolar conexión con Murguía,foi captado de inmediato,entre outros,por Ramón Armada Teixeiro e por Manuel Lugrís Freire,que fundaron neste ano de 1885 A GAITA GALLEGA,integramente escrita na nosa lingua.Da cal ao ano seguinte recibe acedas críticas ao seu estilo poético;escribe asiduamente en Galicia Moderna.No ano 1899,xa de volta da Habana,pronuncia un discurso en galego na homenaxe que a Liga Gallega lles rende aos Mártires de Carral o 23 de abríl. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/173711830693/manuel-lugrís-freire align=left vspace=5 hspace=5 border=0>

O pesadelo da Guerra de Cuba que levou a non poucos galegos da Illa a desentenderse dun ideario rexionalista.Manuel Lugrís seguiu mantendo a súa radical fidelidade ao ideario rexionalista para o noso país.
Cando retornou a Galiza no ano 1896 sentiuse decepcionado. O rexionalismo que suscitara tantas esperanzas,que se presentara como unha alternativa moderada.Notaba no ambiente como Murguía ,tan capaz doutrinalmente como inútil para exercer un liderado,retirárase da dirección en 1893 ao ser expedientado polas autoridades académicas de Santiago de Compostela e o Goberno. ALFREDO BRAÑAS con evidente capacidade de liderado,non ofrecia garantía doutrinal ningunha pola súa inmoderada propensión ao teocraticismo e pola súa profesión antiliberal.
Resistiuse Lugrís a tal fatalidade.Cun grupo de galeguistas da Coruña foi capaz de manter por algún tempo a ilusión. Os intentos desta Liga para constituir unha nova Asamblea Rexionalista chocou cos celos da Liga de Santiago e,sobre todo,coa indiferencia e a decepción dos distintos grupos rexionalistas.
A Liga da Coruña,depositaria da ortodoxia galeguista,ten que rectificar publicamente a Alfredo Brañas quen ,en varios artigos publicados no xornal EL CORREO ESPAÑOL,pretende conducir o rexionalismo cara ao teocraticismo carlista. A morte de Brañas no ano 1900 foi,en certa maneira,unha liberación para os rexionalistas da Coruña.
A Liga da Coruña inicia unha subscrición no ano 1898 para erguer o monumento aos Mártires de Carral;o 23 de abril de 1899 celebran o acto de colocación da primeira pedra do monumento e o 22 de maio de 1904 inauguran o monumento. Lugrís foi o animador principal destos feitos.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 08-05-2018 22:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal