Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CASA NATAL DE ALFREDO BRAÑAS-(documentos do LEGADO)
Unha vez resolto mediante compromiso o preito da Capitanía,todo un éxito para as forzas vivas da Coruña. BRAÑAS convida a Alsina,un catalanista tradicionalista,a dar unhas conferencias para que difunda as Bases de Manresa,pero o acto é un fracaso de público en Santiago e só ten unha acollida aceptable en Pontevedra,grazas ó apoio do conservador González Besada. Pero o discurso que pronuncia Brañas nesta ocasión indica que non cedía un ápice das posturas expostas un ano antes na Universidade,co que o compromiso cos rexionalistas liberais seguía a ser imposible. De feito,os brañistas composteláns inician un dobre movemento que os irá afastando do rexionalismo:no eido ideolóxico e propagandistico,achéganse cada vez máis ó carlismo e ó socialcatolicismo;e na política local,estreitan as súas relacións cos conservadores,ata o punto de que estes lle ofrecen por segunda vez unha acta de deputado a Brañas,quen finalmente non acepta. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/172969093953/casa-natal-de-alfredo-brañas align=left vspace=5 hspace=5 border=0>

Dous feitos contribúen a pechar definitivamene este capítulo da historia do galeguismo: a morte de Tarrio,con quen desaparece o maior activista do grupo de Brañas,e o translado de MURGUÍA á Coruña.Isto non só acentúa a decadencia do rexionalismo en Santiago,senón que focaliza territorialmente a confrontación ideolóxica.Brañas segue escribindo e dando conferencias que demostran a súa acelerada evolución ideolóxica cara ó carlismo. E xunto con Cabeza de León dedica bastantes enerxías a poñer en pé os instrumentos do emerxente socialcatolicismo na cidade: o ATENEO LEÓN XIII e o CÍRCULO CATÓLICO DE OBREIROS. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/172969204363/rúa-coruña align=left vspace=5 hspace=5 border=0>

Entrementres,o rexionalismo liberal centrado na Coruña fai outro esforzo por revitaliza-lo movemento:a creación da LIGA GALLEGA en 1897 e a posta en marcha do seu voceiro oficioso REVISTA GALLEGA. Un ano despois,Brañas e os seus decidiron imitar os coruñeses fundando o 18 de xuño de 1898 a LIGA GALLEGA de Santiago. A súa primeira xunta directiva estaba presidida polo catedrático do Instituto N. Ríos Rial. Por falta de documentación non coñecémo-la súa nómina de afiliados,pero non debian ser moitos vendo a inactividade case total deste grupo durante a súa brevisima existencia.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 15-04-2018 21:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal