Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

MANUEL LUGRÍS FREIRE
Manuel Lugrís Freire ,nado en Sada no ano 1863 e finado na Coruña en 1940,foi escritor e activista galleguista,pertencia ás Irmandades da Fala. Cando tiña 20 anos emigrou a Cuba,onde colaborou co periódico " ECO DE GALICIA" da Habana de Waldo Álvarez Insua,formando parte tamén do Centro Gallego dende 1884.
En segundas nupcias casouse coa pianista Purificación Gonzalez e tiveron o famoso pintor Urbano Lugrís Gonzalez. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/172958604623/manuel-lugrís-freire align=left vspace=5 hspace=5 border=0>

Fotografia de MANUEL LUGRÍS FREIRE e a súa dona CONCEPCIÓN ORTA IGLESIAS (cubana),que finou aos tres anos de estar en Galicia.
En 1896 regresou a Galiza acompañado da súa primeira esposa a cubana Concepción Orta Iglesias,e foi cando se relaciona cos rexionalistas galegos,tomando parte en todas ás actividades galleguistas do momento como "A COVA CELTICA",xunto con Murguía,Pondal,Brañas e outros.
En 1897 entrou na directiva "DA LIGA GALEGA" na Coruña presidida por Salvador Golpe. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/172958692448/manuel-lugrís-freire-e-a-súa-dona align=left vspace=5 hspace=5 border=0>

---------- LIGA GALLEGA---------------------

A " Liga Gallega" que profesa o máis sincero e nobre afecto a Galicia.--a terra dos inxuriosos esquecimentos e das burlas máis crueis e máis sanguentas--- quere para ela unha comprida e vizosa existencia de seu,que lle permita o desenvolvimento de tódalas súas forzas efeitivas e desencolle-las atrofiada iniciativas dos seus laboriosos fillos. Desexa sin tutelas impostas por un Estado que descoñece por completo a misión que lle está encomendada,impulsa-la agricultura,desenvolve-las industrias e dar libertade certa ás súas áreas liberais. Pretende con xusticia que a súa fala non quede no estancamento,que os seus escritores e poetas teñan no mundo intelectual a consideración á que teñen dereito sin disputa as súas conceicións maravillosas e sublimes,e que os seus artistas aseguren,sen traspasa-las súas naturais fronteiras da Rexión,un nome e unha fortuna. De ningún xeito se conforma coa escravitude malamente disimulada por un corpo de leis sutís e capciosas que supoñen unha falsa independencia na que vive o labrador dos nosos campos,a modo de servo da edade media,para o que ningún sol quenta,nin día ningún lle alborexa con tonos de brilladora lus.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 15-04-2018 15:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal