Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CENTRO GALLEGO DA HABANA
WALDO ÁLVAREZ INSUA ( O QUE QUEREMOS OS REXIONALISTAS) ----Imponse a necesidade de crarexar conceitos,ordear principios,esvaecer erros e probar aos que nos condenan,sin nos coñecer,que temos un dereito perfeito,completo absoluto,que non admite ningún linaxe de dubidas,para reivindicar o que nos pertence,aquilo que formou a nosa fisonomía durante moitas centurias.
Un dos nosos primeiros rexionalistas, o douto catedrático de Dereito da Universidade de Santiago,señor don ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ,no seu notable libro O REXIONALISMO,declara:"que é indispensable a existencia dunha Xunta central ou directiva,encarregada de representar os intereses morais e materiais das diferentes rexións españolas,na loita pacifica e legal que se intente contra o actual sistema de organización política e administrativa.
O programa é conciso e breve; guerra ao CUNEIRISMO, a eses diputados que ninguén coñece nos distritos nos que son proclamados.
https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/172955439313/centro-gallego-da-habana
O Centro Gallego da Habana(nas fotos superiores),no ano 1881 crea unha costume que mais tarde sería imitada polas máis prestixiosas Asociacións de todo o mundo ,a creación de Socios e Directivos de Honor e de Merito para ás persoas que contribuíran de forma moi destacada ao desenrolo cultural,económico e demais beneficios para os membros do Centro Gallego.
De este xeito,recoñecese o merito no ano 1881 de ROSALÍA DE CASTRO,en 1887 de EMILIA PARDO BAZÁN e de MANUEL MURGUÍA,en 1889 de WALDO ÁLVAREZ INSUA(o seu creador),en 1890 ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ,e en 1895 a MANUEL CURROS ENRÍQUEZ,en 1906 a ADELARDO NOVO,en 1907 a JOSÉ CASTRO CHAME, e en 1908 a ALFREDO NAN ÁLVAREZ,seguindo esa costume en anos posteriores.
A importancia do Centro Gallego na cultura cubana tuvo un lugar destacado dende finales do século XIX.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 15-04-2018 12:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal