Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

WALDO ÁLVAREZ INSUA
Waldo Álvarez Insua,nado na Estrada en 1859,con catorce anos colaborou co diario HERALDO GALLEGO,que dirixia en Ourense Valentín Lamas Carvajal.
Os seus artículos máis comprometidos viron a luz no periódico compostelán GACETA DE GALICIA,onde denunciaba o sistema político da Restauración.
Chegou a Cuba en 1877,onde fundou o ECO de Galicia na Habana en 1878. Dende as páxinas do ECO propuxo en 1879 a fundación do "ATENEO GALLEGO" esto foi considerado á primeira pedra do que ese ano seria o "CENTRO GALLEGO DA HABANA". Remata a carreira de Leis na Habana que comenzara en Santiago.
Tras a voladura do barco MAINE,regresou a España ( A Coruña ).
Dende ás páxinas do EL ECO de Galicia, Waldo Álvarez emprendeu varias campañas na defensa da colonia gallega en 1879,criticando a intención dos facendeiros cubanos de substituir a man de obra escrava por inmigrantes galegos.
Ao longo da súa vida tuvo estreita relación periodistica con MURGUÍA,LUGRÍS FREIRE e ALFREDO BRAÑAS,finando en Madríd onde residia no ano 1938.
ALFREDO BRAÑAS tuvo contactos en Cuba co periódico EL ECO de GALICIA (LA HABANA) e co seu homónimo de Bos Aires. Tendo colaboracións con diversas temáticas,dende critica-literaria,asuntos,académicos,xuridicos,políticos,económicos,históricos,relixiosos..,mais sempre como referencia fundamental a defensa dos intereses de Galicia. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/172925765468/waldo-álvarez-insua align=left vspace=5 hspace=5 border=0>

¿Qué precuramos os rexionalistas? Ben o saben todos cantos afectan desdén cara nós e non queren tomarse o traballo de lér o que escribimos. Buscamos moderación nos impostos contributivos,verdade nos repartos veciñais; respeto á propiedade rural,a esa propiedade que,estando fóra do radio das cidades,cae enteira baixo a infame xurisdicción do cacique de aldea,monstro mitolóxico que ficou entre nós,sin dúbida,como unha proba do paso dos homes helénicos pola nosa terra;seguranza para a vida onde se considera lícito o homicidio por motivos electorais;pudor en cantos exercen cargos militares,municipais,civís,e sacerdotaís,e,ante todo e sobro todo,que cesen esas tutelas cortesás que acican tanto a existencia provincial,que rematará por desaparecer.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 14-04-2018 16:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal