Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

NOMEAMENTO DE FILLO PREDILECTO DE CARBALLO
(Copia literal de Original Documentación . Familia Glez. Brañas , donada por el Ayuntamiento de Carballo 26 de Febrero 2.000)

CONCESIÓN DO TITULO DE FILLO PREDILECTO DE CARBALLO A ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ. A TÍTULO PÓSTUMO.

DONA Mª AMPARO C.. TABOADA, Secretaria Xeral do Concello de Carballo (A Coruña)
CERTIFICA Que o Pleno do Concello de Carballo, en Sesión Extraordinaria celebrada o 26 de febreiro, adoptou o seguinte acordo:
Coincidindo coa celebración este ano do cen aniversario do falecemento de Alfredo Brañas, proponse ó Pleno do Concello de Carballo o outorgamento a este insigne intelectual galego, nacido en Carballo o 11 de xaneiro de 1859, do Título de Fillo Predilecto de Carballo.
Con este nomeamento, o Concello de Carballo, en representación de todolos cidadáns de Carballo, quere renderlle un xusto recoñecemento a unha merecida homenaxe a este carballés.
Catedrático de Dereito e Política Económica da Universidad de Santiago, foi un intelectual moi activo que participou en diferentes foros culturais e relixiosos da súa época, destacando o seu labor como articulista e como poeta e ocupando un lugar relevante na historia do galeguismo. A súa aportación á teoría do rexionalismo galego concrétase no seu libro El Regionalismo, Estudio Sociológico, Histórico y Literario, que exercería unha grande influencia no seu tempo, tanto en Galicia como noutras zonas de España, o que fai da súa obra e da súa personalidade dous referentes da cultura de Galicia.
Non só é de xustiza que o Concello de Carballo recorde o legado de Alfredo Brañas, senón que a posta en valor duna obra da trascendencia histórica, política e cultural de Alfredo Brañas é esencial para que Carballo recupere a súa memoria histórica e a súa identidade.
A cidade de Carballo recoñece a súa vixencia xa cunha rúa e cunha praza que levan o seu nome, coa denominación dun Instituto de Ensinanza Secundaria e coa dunha asociación cultural, pero é necesario que a figura de Alfredo Brañas se manteña máis presente, polo que a concesión do Título de Fillo Predilecto de Carballo ven significar o inicio dun programa de actos que manteñan vixente a súa memoria.
O Pleno, por unanimidade acorda:
Pola relevancia da personalidade e obra de Alfredo Brañas que convirten a este cidadán carballés para a configuración dun proxecto cultural para Galicia, conceder o Título de Fillo Predilecto de Carballo a Alfredo Brañas Menéndez, a título póstumo.
Carballo , a 26 de febreiro de 2000

Vº e Prace
O Alcalde (sello Concello Carballo)
(rubrica)
Asdo. MANUEL VARELA REY



Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 12-04-2018 23:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal