Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

AGUSTÍN SIXTO SECO
Fotografía de Agustín Sixto Seco,nado en Mugardos en 1926 e finado en Santiago no ano 2004.Foi médico especialista en traumatoloxía na Rosaleda de Santiago,ademáis foi galardonado coa Medalla de Ouro de Galiza no ano 2005.
Elexido presidente da Fundación Rosalía de Castro en 1970,daquela empeñado na restauración da derruída vivenda na que morrera a poetisa.
É tamén interesado,ainda que de xeito menos notorio pero coa mesma ilusión de axuda,o Patronato da Fundación Alfredo Brañas Menéndez.

Según contaba el,o ser médico e saberme especialmente vinculado ás figuras de Rosalía e Brañas-porque supoño que eso foi o que animóu ó Profesor Francisco Puy Muñoz,como Presidente da Fundación Alfredo Brañas,a encargarme da delicada misión de pescudar na patobiografía da figura humana de Alfredo Brañas,unha perspectiva apenas explorada na vida deste ilustre home.Aceptéi o reto e contribuin ó ilusionado esforzo co que a Fundación Alfredo Brañas,co patrocinio da Consellería de Cultura,organizóu estas Xornadas coas que celebra-lo centenario do pasamento de Alfredo Brañas Menéndez. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/172616261343/agustín-sixto-seco align=left vspace=5 hspace=5 border=0>

O profesor Francisco Puy Muñoz encargoume o traballo de falar de Brañas como enfermo,porque coñecia os traballos sobre Rosalía que habia feito,o malo é que así como de Rosalía existe unha copiosa literatura médica que a estudia dende que nace en Santiago,ata que morre,víctima dun cáncro de útero en Padrón,mentres que á figura de Alfredo Brañas está inexplorada.

Busquéi nos Balnearios de Cuntis e Caldas de Reis por se quedaban pegadas das frecuentes visitas do noso autor,sen conseguir outra cousa que algúns artigos de prensa referindo a presencia de Brañas entre os auguistas.
Do sambenito de Tísico de Brañas,atopei tres categóricas afirmacións sobre a causa da súa morte en traballos de Fraga Iribarne,Puy Muñoz e Milagros Otero que o dan por víctima da tuberculose pulmonar,ainda que Puy,nun recente traballo volve sobre o asunto e dubida:unha doenza descoñecida,que ben puido ser unha tuberculose pulmonar,un enfisema ou un cancro.O propio Brañas,en carta que dirixe a Saturnino Rementería o 20 de xaneiro de 1900 dille que"desde cama,en convalecencia de la gripe que me atacó duranto ocho días,le escribo la presente. E don Paulino Pedret en "Datos para unha biografía de Alfredo Brañas",referíndose a un banquete celebrado o 2 de febreiro do 1900 no Círculo Mercantíl de Santiago,escribe:"Brañas se excusó de asistir a el por encontrarse enfermo desde un día antes con una fuerte gripe". Poucos días despòis dese acto,exactamente o día 21 de febreiro de 1900,Brañas morría na súa casa da Acibechería nº 5 en Santiago de Compostela. O Correo de Galicia o 7-06-1893 inserta esta noticia:"Desde el sábado último se encuentra enfermo en Santiago el ilustre Catedrático de aquella Universidad Don Alfredo Brañas. La enfermedad que le aqueja es un cólico.Por fortuna cedió el mal estado,de lo que nos alegramos.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 05-04-2018 09:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal