Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ALFREDO BRAÑAS E ROSALÍA,UNIDOS PARA SEMPRE
Rosalía e Brañas son coetáneos:ela nace en Santiago no 1837 e el en Carballo no 1859,e as súas vidas desenvólvense enteiramente no século XIX pois apenas contan os dous escasos meses que Brañas alenta no XX. Ela morre en Padrón o 15 de xullo do 1885. El fallece en Santiago o 21 de febreiro do 1900. A adolescente Rosalía vive as apreturas da súa anómala situación: encóntrase coa nai;pero sigue orfa de pai por moito que coñeza o sacerdote que a enxendróu.Brañas,tamén na adolescencia,queda orfo de pai;e cando mozo vive na escaseza,aínda que algúen o axuda,pois "quixo o destino que unha nobre señora,nai dun compañeiro de estudios,se cruzara no seu camiño para axudalo a saír adiante. Rosalía,que casa con Murguía e chega a ter seis fillos vivos,malia a precariedade da súa saúde anda dun lado para outro seguindo os destinos profesionáis do seu esposo. Brañas casa tardíamente con Dª Ramona Casulleras Galiano,quince anos maior ca el,e non teñen fillos. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/172529217503/alfredo-brañas-menéndez align=left vspace=5 hspace=5 border=0>

Cando ela morre,Brañas é un mozo de 26 anos que a coñece e trata,pois é amigo de Murguía,o seu esposo. Que Brañas admira a Rosalía,patentízase nestes dous feitos:

Primeiro. Sendo Concelleiro de Santiago,na sesión do 9 de marzo de 1891,según conta Baldomero Cores na E.G. elevóu "un ruego a la Corporación para que cooperase(..) de la traslación de Rosalía de Castro",conseguindo que o Concello aportara mil pesetas.

Segundo. Brañas,ademáis,integróu-con Rueda Neira,Diaz de Rábago e Cabeza de León-a Comisión para o traslado do cadaleito de Rosalía dende Adina,en Padrón,ata Bonabal,en Santiago,para ser definitivamente depositada nun "monumento sepulcral,labrado por gallegas manos,no indigno por su magnificencia de la grandeza de la insigne muerta",que se erixíu por suscripción popular iniciada na Habana.
Ese sería o xerme do famoso Panteón de Galegos Ilustres ó que,curiosamente e como se o destino quixera mantelos unidos,ós poucos anos da súa morte tamén sería trasladado o propio Alfredo Brañas para ser definitivamente honrado nun mausoleo situado fronte ó de Rosalía. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/172529372968/rosalía-de-castro align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 02-04-2018 22:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal