Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

DISCURSO DE ALFREDO BRAÑAS EN CARBALLO
Alfredo Brañas pronunciou un célebre discurso durante unha homenaxe que recibiu no seu Carballo natal o 9 de marzo do ano 1890,titulado " A causa do rexionalismo",que está recollido por Francisco Fernández del Riego no seu libro Pensamento Galeguista do século XIX(1983).

Pola libertade dos pobos debe sacrificar o home os seus máis caros intereses,que como o gran Cervantes decía: "La libertad es uno de los más preciosos dones que a los hombres dieron los cielos; con ella no pueden igualarse los tesoros que la tierra encierra ni el mar encubre;por la libertad asi como por la honra se puede y debe aventurar la vida;y por el contrario el cautiverio es el mayor mal que puede venir a los hombres".

Pois ben,esa querida libertade perdímola desque o poder centralista nos ten dominados e cautivos das súas petaduras e veleidades,e por eso debemos conquistar en lide aberta os nosos dereitos e as nosas libertades comunais,que son o sagro depósito e o máis rico patrimonio dos estados.

Brindo,pois,pola unión de tódalas rexións españolas,pola valente e simpática Cataluña,pola patriótica Aragón,pola baril e loitadora Basconia,polos honrados pobos de Castela,polas souriles rexións de Andalucia e Extremadura,por Asturias,a nosa irmá xemea,e por esta Galiza adorada,por esta nosa nai que nos abala en berce de flores,e nos dá por alfombra campos de esmeralda e ouro,e por teitume os seus cendais de brétemas ou o morno azul dos seus ceos. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/171702388013/alfredo-brañas-menéndez align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 09-03-2018 22:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal