Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

FILOMENA DATO MURUAIS (BRAÑAS MIEMBRO DE XURADO)
Filomena Dato Muruais naceu en Ourense en 1856 e finou en Moruxo(Bergondo) en 1926.Enterrada nese cemiterio ainda que non se coñece a ubicación do sartego por reformas no mesmo.
A súa obra " FOLLATOS " é o texto que lle deu sona. Nos " XOGOS FLORAIS DE TUI "en 1891 premiáronna cun " Alfilenete de turquesas e brilantes" pola poesia " O GAITEIRO DE XIXÓN".O xurado formabanno Manuel Murguía,Salvador Cabeza de León e ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ.Foí unha dos cinco poetas premiados nese certáme.
Foí unha ferviente feminista en concordia con Rosalía de Castro,que son as mellores representantes da lirica feminista do século XIX. Coetaneas súas eran Sofía Casanova e Emilia Pardo Bazán. Entre os seus admiradores está Alejandro Pérez Lugín,que aproveitou en 1912 unha das súas estadías na Coruña para entrevistar na casona de Filomena á tenra poetisa das Mariñas. ¿Por qué non se ven ustede a Madríd? Alí se defenderia vostede mellor,,aconselloulle Alejandro Pérez Lugín.Pero ela contestou cun dos seus tenros cantares,himno de cariño a esta bendita terra,que puxeron remate a conversa:
TEÑO UNHA CASIÑA BRANCA
N·a Mariña entre loureiros.
Teño paz e teño amor.
Estou vivindo n·o ceo.
Curiosamente,os mesmos versos que poñen fín a CASA DA TROIA...publicada tres anos despois. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/171493829908/filomena-dato-muruais align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 03-03-2018 21:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal