Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

JUAN VÁZQUEZ DE MELLA Y FANJUL
No ano 1889 publíca ALFREDO BRAÑAS en Barcelona
O REXIONALISMO,no que están presentes as directrices do seu ideario político,onde no seu movemento están incluidos grandes figuras importantes galeguistas,entre os que poderiamos salientar: Murguía,Cabeza de León,Barcia Caballero que xa mencionamos antes e JUAN VÁZQUEZ DE MELLA nado en Cangas de Onís no ano 1861 e finado en Madríd en 1928. Ideólogo do Carlismo,ostentou o título de Conde de Monterroxo.Seu pai era galego de Boimorto.
En Vázquez de Mella os carlistas atoparon o soporte intelectual que deu carácter cientifico ao carlismo. Gran coñecedor dos avatares históricos do século XIX,consideraba a masonería como o motor das revolucións. Por iso batallou unha guerra lexislativa nas Cortes de Madríd para que fora declarada ilegal,facciosa e traidora a Patria. Tanto é así que participou no Congreso antimasónico de Trento en 1896.
ALFREDO BRAÑAS que por veces semella mudar noutros,que é un católico convencido á vez que intelectual galeguista,núcleo dunhas teorías e dunha concepción chamada rexionalismo,debemos considera-la riqueza deste carballés,comprometido coa Terra,coma un dos alicerces máis representativos do que,co tempo,sería o movemento nacionalista. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/171488561128/juan-vázquez-de-mella align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 03-03-2018 18:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal