Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

MIGUEL SOLÍS CUETOS
Miguél Solís Cuetos,nado en San Fernando (Cadíz) o 27 de marzo do ano 1816 e falecido en Carral o 26 de abríl de 1846.

O que influiu nos inicios das teorías e mobilizacións rexionalistas foi o do levantamento de 1846. Especialmente importante por canto nel interviron ademais do elemento militar un considerable número de civís,que o convertiu nun fenómeno especialmente diferente e particular. Tres forzas políticas,tres grupos sociais,fixeron posible ese levantamento:
1º A Forza progresista,que máis xente aportou.
2º A Forza moderada,formaban parte militares.
3º A Forza galeguista,formada por universitarios.

Aquel levantamento,iniciouse en Lugo en abríl de 1846 en contra do goberno de Narváez e en favor da raiña isabel II. De inmediato,outras cidades(Santiago,Pontevedra,Vigo eTui),secundaron o pronunciamento iniciado polo descoñecido comandante Solís. Pouco a pouco,e diante dos escasos obxectivos militares conseguidos,a desmoralización foi total. Inmediatamente,chega a Galiza,enviado polo Goberno,o xeneral Concha quen con escasos medios militares,se enfrentou ós rebeldes do,naquel entón,autoproclamado Capitán Xeral Solís. Derrotado este,en Cacheiras o 23 de abríl de 1846,refuxiarase en Santiago con algúns dos seus seguidores;pechados en San Martín Pinario,Solís e os seus homes tiveron que renderse. O xuicio celebrouse na vila coruñesa de Carral e Solís xunto con once oficias máis,condenados a morte. Alí foron fusilados o 26 de abríl de 1846.

FINALIZADO O LEVANTAMENTO E SUPERADA A DERROTA DO PROVINCIALISMO XORDEN NOVOS ACONTECEMENTOS QUE IRÁN PREPARANDO ESA ETAPA REXIONALISTA,QUE TANTO INFLUIU ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/171234466103/miguel-solís-cuetos align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 24-02-2018 15:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal