Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XOSÉ MANUEL BEIRAS TORRADO
POEMA DE ALFREDO BRAÑAS . ¡ COMA EN IRLANDA!

" Ergue,labrego! ¡ Erguete e anda!
¡ Coma en Irlanda! ¡ Coma en Irlanda!"

En realidade estamos diante dun elemento recurrente na súa obra: Irlanda coma trasunto do proceso galego. Así,no capítulo VIII de El Regionalismo,baixo o título de Irlanda:sus analogías con Galicia,dí:

" Irlanda,la hermosa perla de los mares septentrionales,tan simpática á los gallegos por los recuerdos de origen,por sus aficiones agrícolas,su amor á la patria y sus desgracias políticas,es la cuna de oro de la doctrina regionalista en el norte de Europa".

A PROPÒSITO DESTA COMPOSICIÓN, XOSÉ MANUEL BEIRAS,NO SEU LIBRO POR UNHA GALICIA LIBERADA.ENSAIOS EN ECONOMÍA E POLITICA, Dí:

"Alfredo Brañas escribe un poema titulado " Como en Irlanda ",do que o seu retrouso chegaria a facerse tan popular que se trocaria de feito en dito coloquial de incitación á revolta do ser humán galego ante a adversidade de calquer caste,e que mesmo chegaría deica a sua reformulación ao pé dunha das máis célebres estampas de Castelao.Un poema que pretendía ser-e de feito érao-un canto á resistencia dunha das máis rebeldes e loitadoras nacións asoballadas de Europa,e unha chamada á emulación,na nosa Terra,dun exemplo abondo elocuente e "subversor"do Estado imperante como pra non encaixar en ningunha fórmula autonómica e non resultar dixeribel por ningún rexionalismo..."

A CUESTIÓN IRLANDESA,POIS,COMO NÚCLEO E ESPELLO DO REXIONALISMO DE BRAÑAS TODO Á VEZ QUE CENTRALIZADA Ó REDOR DO MUNDO AGRARIO E CAMPESIÑO. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/171210130478/xosé-manuel-beiras-torrado align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 23-02-2018 22:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal