Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

PARTITURA DO HIMNO DE ALFREDO BRAÑAS
POLÉMICA SOBRE OS HIMNOS GALEGOS

A finales do século XIX a partir de 1880,xa existian varias cancións que se postulaban como melodía oficial do país.Así,existia un chamado HIMNO GALEGO,composto pola letra do médico e periodista ANDRÉS MURUAIS e música do compositor pontevedrés FELIPE PAZ CARBAJAL. Outro exemplo foí o HIMNO POPULAR REXIONAL,composto en 1893 polo escritor GALO SALINAS e o músico VARELA SILVARI.
Nese tempo tamén surxiu outro intento de establecer unha melodía oficial por parte de LUÍS TAIBO GARCÍA,que arranxou musicalmente un texto de ALFREDO BRAÑAS,títulado CASTA DOS CELTAS.
Sacamos a conclusión de que antes de que OS PINOS chegasen a ser considerado como un dos elementos identitarios de Galiza,moitos galegos cantaron outras melodías e pronunciaron outras letras que servían igualmente de himno.Na centuria do século XIX é cando a maioria das nacións europeas crean e oficializan un himno nacional(Dinamarca 1840-Italia 1846-Austria 1847,Grecia 1864-Noruega 1864 etc).
Hai que lembrar que a letra do himno imprimiuse na Habana e introduciu varios erros (Pondal falaba de " valeroso clan e " non valeroso chan ". https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/171101861008/partitura-do-himno-de-brañas align=left vspace=5 hspace=5 border=0>

Copia orixinal do Himno de Alfredo Brañas.

No primeiro certamen celebrado en Pontevedra en 1880 coa convocatoria dun premio para un Himno a Galicia,nos XOGOS FLORAIS de 1880,que foí gañado polo texto de ANDRÉS MURUAIS,logo irán aparecendo outras propostas,finalmente fracasadas en 1911,texto de ALFREDO BRAÑAS ,música de LUÍS TAIBO GARCÍA ou en 1913 (texto de Ramón Cabanillas,e música de ADOLFO CAMPOS LÒPEZ).

De todos estas,esquencendo outras de menor relevo,só dúas foron verdadeiramente importantes por teren certa difusión e aceptación popular: o HIMNO DE ALFREDO BRAÑAS/TAIBO GARCÍA,porque conviviu algún tempo co pondaliano en actos das Irmandades sendo adoptado máis tarde como oficial polas MOCIDADES GALEGUISTAS.
O outro foí o de RAMÓN CABANILLAS,que foí adoptado como himno no seo do importante movemento agrarista que se desenrola nas primeiras decadas do século XX (ACCIÓN GALEGA 1915).

Foí en Cuba no seo da activa comunidade galega onde o himno pondaliano foí oficializado sendo interpretado solemnemente por primeira vez o día 20 DECEMBRO DO ANO 1907 no Gran Teatro da Habana,é enviado a Galiza en 1909,ainda que en Galiza non se oficializará ata 1912,coincidindo co traslado dos restos mortales a Mondoñedo de Pascual Veiga dende Cuba. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/171101935788/partitura-do-himno-de-alfredo-brañas-menendez align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 20-02-2018 21:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal