Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CARBALLO -- LA VOZ 9 Febrero 2018
F. RODRÍGUEZ P. VÁZQUEZ
CARBALLO / LA VOZ 09/02/2018 05:00 H

O legado do escritor máis ilustre da capital de Bergantiños, Alfredo Brañas, xa repousa desde este mércores na alcaldía do Concello de Carballo, a onde chegou das mans do seu dono, Santiago González-Brañas Barreiros, sobriño neto de Brañas. Para poder divulgar publicamente as cartas, documentos, libros e fotos que forman parte desta herdanza -e que nun principio se expoñerán no Museo de Bergantiños-, falta saber agora como están as negociacións de compra entre o Concello carballés e os propietarios da casa natal do escritor, na que está a mítica taberna O Mexillón. O carballés José Manuel Cameán Vázquez (Carballo, 1951), portavoz da plataforma que traballa para conseguir a obra e o traslado a Bergantiños da Fundación Alfredo Brañas, estivo en Radio Voz Bergantiños. -Acabamos de recibir o legado de Alfredo Brañas. En Carballo temos unha rúa e un instituto co seu nome, ademais dunha escultura que recorda a súa figura.

1º -- ¿Como xurdiu a idea para facerse coa casa natal?

- Hai 200 anos, e grazas ao auxe do Balneario, en Carballo produciuse un traslado de poboación da zona de Carballo de arriba á de abaixo. Agora, a historia repítese. Carballo estase transformando, así, nun pobo de servizos. Eu mesmo levo dous anos facéndolle entrevistas aos comerciantes, á xente que visita o Balneario, así como un balance das visitas que recibe o Museo de Bergantiños. Á conclusión á que cheguei é que todo o mundo valora moi positivamente todo o que ten que ver co servizo do Balneario, pero botan de menos un lugar a onde ir e visitar no seu tempo libre. Polo que á miña mente veu a casa onde naceu Alfredo Brañas, unha gran lotería do século XIX que non sabemos explotar. Diversificamos isto en tres partes: recuperación do legado, traslado da Fundación Alfredo Brañas á capital de Bergantiños e a apertura da casa natal do escritor.


2º-- - Falamos logo dunha desas dúas patas que faltan. En principio, parece que tanto a Plataforma como a propia Administración reman todos na mesma dirección.

-Si, estamos no comezo das negociacións. Hai que recordar que nesa casa non só naceu Alfredo Brañas, senón tamén a súa irmá Jesusa no ano 1860, e anos máis tarde Teresa Sabina Brañas Menéndez, que vén sendo a avoa de Santiago González-Brañas. Creo que xa está ben de perder o patrimonio que temos. É o único fillo predilecto que temos en Carballo e un galego ilustre. Isto é algo que vai dar cartos ao pobo, así como un prestixio nacional, provincial e internacional.

3º--- -Falta por saber tamén a onde vai a ir ese legado. Barallábase a posibilidade da Biblioteca Rego da Balsa ou o Museo de Bergantiños, que está máis preto da casa. ¿Vostede cal cre que vai ser a opción definitiva? ¿Cal lle gustaría máis?

-Un dos compromisos que fixemos con Santiago Gonzalez-Brañas foi que o legado ía ser exposto tan pronto como chegase a Carballo, e non estar almacenado nun cuarto. Nun principio, estaba pensado que fose para a Biblioteca Rego da Balsa, que foi o que acordamos co alcalde. Pero ao sopesar o tema de novo, non o vemos moi adecuado porque está un pouco alonxado da casa natal. O noso obxectivo é telo o máis preto posible. Por iso pensamos no Museo de Bergantiños, que ocupa a antiga cárcere. O problema é que nesa cárcere hai un presuposto de amaño inminente, polo que cabe a posibilidade de que a herdanza vaia para a Biblioteca que está xusto abaixo do Museo.

4º----Falamos de onde vai estar o legado, pero outra das pretensións da Plataforma é trasladar aquí a Fundación que leva o nome do autor. De ser así, ¿ubicaríase no mesmo sitio ou pensaron noutra alternativa?

-A nosa idea é que vaia no mesmo sitio, que sexa Fundación e legado. Por isto necesitamos un espazo amplo, xa que son outras tantas cousas máis coma a herdanza. O lugar idóneo, repito, sería o Museo. VOTACIÓN 3 votos
TAGS Carballo municipio Literatura Radio Voz A Mariña align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 09-02-2018 17:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal