Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ALFREDO BRAÑAS
Alfredo Brañas Menéndez: Alumno e mestre desta Facultade,orador,entusiasta,economista,culto,que adicou a súa vida o benestar dos seus paisanos 1859-1900.(escrito no cuadro da foto).

Brañas foi un dos mais destacados rexionalistas galegos dende unha banda conservadora e tradicionalista,ademais de catedrático de Economía e Facenda na Universidade de Santiago. Defendeu publicamente as súas ideas políticas dende unha postura descentralizadora e con posicionamentos católicos,ainda que o remate da súa vida abrazou a causa carlista,perdendo peso o galleguismo polo que tanto loitara.

Alfredo Brañas adoptou unha posición contraria ao liberalismo,e a industrialización,defendendo a volta a unha economía organizada en gremios. Tuvo contactos co catalanismo,chegando a publicar artículos onde comparaba o galleguismo co catalanismo.
En 189O participou na creación da ASOCIACIÓN REXIONALISTA GALEGA,escribindo a " PATRIA GALEGA ". Integrou na mesma a sectores conservadores da sociedade galega como a baixa nobleza e o clero,que viron en Brañas unha alternativa ao galleguismo mais progresista de Manuel Murguía,pero esta asociación desaparecera en pouco tempo,debido a este enfrentamento. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/169278794283/alfredo-brañas align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (1) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 03-01-2018 22:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Un petit pour vous dire q#blgtk08#ue votre blog est super!
Comentario por gay telephone (05-01-2018 10:33)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal