Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CEMITERIO VELLO EN CERNIDE
Durante a Idade Media e Moderna,exerceron señorio sobre o territorio carballés tanto a igrexa coma os señores laicos.O mosteiro de San Pedro de Soandres manterá señorio sobre a parroquia de San Xoán de Carballo,o mesmo que fará o santiagués de San Martiño Pinario sobre a parroquia de Santa María de Rus,que ademais participará en parte das rendas das parroquias de Berdillo e Carballo. O de San Paio de Antealtares tiña dereitos nas parroquias de Razo,Goiáns e Lema;o cabildo da catedral santiaguesa levaba parte das rendas de Ardaña,Entrecruces e Artes;as monxas de Santa Bárbara da Coruña participaban no reparto de rendas de Lema e Sofán,e o monasterio de Nosa Señora de Caión tiña o señorio de Noicela e Rebordelos.Incluso a orde do Temple mantiña propiedades nas parroquias de Cances e Sisamo.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/167599614133/antigo-cemiterio-de-cernide align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Carballo de Arriba - Cernide - Publicado o 17-11-2017 22:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal