Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

JOSÉ GABÍN DOMINGUEZ
Fotografía de José Gabín Dominguez,compañeiro noso da Promoción do 63,nado en Nantón (Cabana ),no ano 1951.
A súa historia persoal,foi diplomado en empresariais,exerceu a súa profesión nas empresas seguintes : AUTO CENTRO TOUR,S.A (Axencia de viaxes), CONHISA (Construtora de infraestruturas para Telefónica), CONINSA (Construtora do Colector Xeral da Coruña),ADISA (Construtora auxiliar de AUDASA ), e coma caixeiro de dirección de UNIÓN FENOSA ata a súa xubilación,por idade regulamentaria,no ano 2015.
Polo seu interese na defensa dos dereitos do proletariado,foi delegado sindical nas empresas que prestou os seus servizos.Residiu en Madrid algúns anos e volveu a Coruña onde vive na actualidade,está divorciado e ten unha filla,é un defensor e amante do pobo galego e a súa lingua,a que estudou pola súa conta e a que emprega acotío.
Dende esta páxina achega unha aperta a tódolos compañeiros e a súa lembranza máis agarimosa aos que xa non están entre nós,de xeito moi especial ao crego e mestre de relixión D. HECTOR BLANCO TATO,persoa cuns principios e valores humanos que moi poucos soen posuir.
http://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/153594862268/josé-gabín-dominguez align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Cea 1995 - Publicado o 24-11-2016 18:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal