Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60. |
|
|
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
CASA DE SISAMO ONDE ESTIVO O ANTIGO CONCELLO DE CARBALLO |
|
Fotografía da casa do concello en Sisamo.Despois da reforma no ano 1835,figurá Carballo como único concello.A primeira corporación carballesa constituíuse o 2 de setembro de 1836,encabezada por Antonio Rodríguez Carracedo,durante a primeira guerra carlista(1833-1839);nesa data producíronse dous ataques sorpresa por parte da facción de Ramos á vila de Carballo.Un primeiro o 14 de xaneiro de 1838 en compañia de 300 homes no que se apoderaron sobre todo de cartos;e un segundo,de consecuencias máis graves,o 7 de maio dese mesmo ano no que houbo 13 mortos e o secuestro e posterior asasinato do xuíz Vázquez de Parga.
--Ainda ata o ano 1845 non se cita a Carballo como núcleo urbano.
En 1851 e 1852 foi construido o novo Balneario polo seu propietario Carlos Luís de Puga y Valvuena(Marqués de Torre Penela),é cando se proxecta a carretera ata A Coruña.Naquel momento o único camiño de entrada e saida era o que atravesaba pola LAGOA,e despois de cruzar o Anllóns,enlazaba co CAMIÑO REAL que dende BERTOA,pasaba pola FEIRA DE VERDILLO,a BREA e logo pola parroquia do San Xoán do Carballo en CERNIDE en dirección a PONTE LUBIANS camiño de Fisterra. Será finalmente cando no ano 1856 a vila carballesa quede comunicada coa capital herculina a través de carruaxe de cabalos.         |
|
|
|
ZONA DO BALNEARIO |
|
Según JERONIMO DEL HOYO a principios do século XVII a parroquia de San Xoán do Carballo,seguía sendo anexa de Ardaña,tiña sobre uns 120 habitantes,estaba menos poboada cas de Sofán e Rus
--A mediados do século XVIII según datos do Catastro do Marqués da Ensenada contaba con 250 habitantes.
--No Redescubrimento das augas mineiro-medicinais levado a cabo no ano 1716 podemos afirmar que se dá o rexurdimento do novo pobo de Carballo ao construírense as primeiras casas nas inmediacións dos baños para dar acollida a estes primeiros bañistas.
--Este incipiente núcleo que estaba a crearse arredor dos baños,incluíase dentro da LAGOA,única entidade de poboación da parroquia que había na banda dereita do Anllóns.Nun principio estas augas chamabanse BAÑOS DA LAGOA.
---No ano 1928 a parroquia de Tordoia denominada Santa Mariña de Anxeriz,quixo ser parroquia de Carballo.      |
|
|
|
INTERIOR DA IGLESIA DE CARBALLO |
|
O párroco José Carballeira Pérez,en 1927,solicitalle ao Arcebispo(Martín Herrera)que se lle dea canto antes remate á obra,xa que a falta de tellado,pode levar a ruina a construcción como así pasaría.
--Este segundo templo era de estilo neomedieval,no que se combinaban elementos do románico e do gótico.Tiña a planta de cruz latina con dúas capelas laterais que partian do Cruceiro,adicadas a San José e á Virxe do Carme.Tiñas unhas dimensións de 45 metros de longo,por 16 de ancho que aumentaban a 25 nas capelas laterais.En 1974,decidese derrubala e levantar un novo templo;os planos encárganselle ao arquitecto carballés Xosé Manuel Rey Pichel.Dentro do adro do novo templo atopase o cruceiro do ano 1811,procedente da antiga igrexa de Cernide.    |
|
|
|
O RETABLO MAIOR DA IGREXA DE CARBALLO |
|
A fachada da igrexa era lisa,con porta adintelada e unha fiestra a cada lado,e outra acabada en arco enriba da porta;e como remate,un frontón triangular.Nos laterais da fachada,elevábanse dúas torres.Ao pouco de ser inaugurada,xa presentou problemas de construcción derivados da baixa calidade dos materiais empregados e pola inadecuada execución do proxecto que fixo o mestre de obras MANUEL VILAS.Despois dun informe do arquitecto Domingo Rodriguez Sesmeros,e visto as graves deficiencias que presentaba o edificio,en 1890 decidiuse pechala ao culto.
-De aí que se tivera que habilitar un templo provisional na rúa San Xosé(nela estivo a capela provisional dende 1897 ata 1923,ano en que se rematou o novo templo.Este local provisional de culto levantouse na horta que había a carón da casa reitoral.
-Finalmente adxudicaselle a obra a XOSÉ FIGUEIRAS ROZAS,veciño de Conxo(Santiago) en 1899,e actuaba como arquitecto director Manuel Hernández y Álvarez Reyero.A obra vai a un ritmo lento e pasa por varios contratistas.Por fín inaugúrase o 24 de xuño,nas festas do San Xoán de 1924 despois de 25 anos de comenzadas as obras,pero ainda sen estar totalmente rematadas,xa que faltaba o tellado.      |
|
|
|
IGREXA ANTIGA DE CARBALLO (No agro dos Campos) |
|
Construíuse a primeira igrexa no ano 1864 cando a vila comenzaba a ter importancia como centro viario,comercial e administrativo;a anterior párroquial,era un sinxelo templo barroco do ano 1716,situado no lugar de Cernide en Carballo de Arriba.
--O primeiro templo construido na vila,na zona dos baños,é decir en Carballo de Abaixo,tiña como misión dar acollida aos fies que se trasladaron a vivir ao novo núcleo,posto que a vella igrexa era de pequenas dimensións,e ademais,estaba moi afastada do asentamento acabado de crear,próximo aos baños.
--A vila nova e moderna,na que vivian as autoridades xudiciais e administrativas do partido xudicial,cunha puxante vida económica e comercial,precisaba dunha nova igrexa.Foi esta proxectada polo arquitecto Faustino Dominguez Dominguez,de orixe leonés,arquitecto da Deputación da Coruña.Tamén fará os planos das igrexas de Ordes e Ribeira.O novo templo podémolo encadrar no posneoclásico.
--Por mor dos recursos escasos,o arquitecto viuse na obriga de modificar o proxecto orixinal para abaratar custos. As obras rematarán en 1864.Tratábase dunha edificación de cruz latina,cunha cúpula que se elevaba no cruceiro das naves.        |
|
|
|
PLAN ANTIGO DO SAN XOÁN DO CARBALLO (En Cernide) |
|
Contruíuse a primeira igrexa en CERNIDE que era un sinxelo templo barroco no ano 1716,coñecido mais tarde como Carballo de Arriba.Este templo foi derruido ao construirse na zona dos baños a nova igrexa. Naqueles tempos no era concello ainda, era a parroquia de SAN XOÁN DO CARBALLO,con igrexa e cemiterio propio(como se olla na foto) xa que non se fixera a división provincial nin os concellos ata 1821 que se realiza a primeira división territorial en provincias e concellos.É nesa data o territorio que ocupa o actual municipio de Carballo repartiuse en tres concellos:SISAMO,REBORDELOS e SOFÁN,o primeiro deles foi cabeza do partido xudicial.No ano 1835,créase xa o concello de Carballo coas 18 parroquias actuais e o partido xudicial.Aínda que Pascual Madoz,aínda non cita a Carballo como núcleo ata despois do ano 1845,senón que canda fala da parroquia carballesa,dise que está formada polas seguintes entidades:BARREIRO,CERNIDE,LAGOA,GRELA,MONTE,OUTEIRO,LOUREIROS,QUINTÁNS e A BREA.
---O orixe do nome da vila de Carballo e do concello,parte da parroquia de San Xoán do Carballo(chamada así por ter plantado no adro da igrexa un" carballo" Quercus robur),que tivo o seu núcleo no lugar de CERNIDE,onde se atopaba a primitiva igrexa parroquial e o vello cemiterio.Está situado sobre un outeiro,nun posible castro cerca do rio Rosende.As primeiras novas que temos desta parroquia son relativamente tardías,datan de comenzos do século XV,cando o Arcebispo LOPE DE MENDOZA a anexa ao mosteiro de San Pedro de Soandres,concedéndolle a metade dos dereitos de sinecura. En 1540 o abade do mosteiro leva a cabo a presentación do crego da parroquia carballesa.
--Logo da reforma dos mosteiros feita polos Reis Católicos a finais do século XV,Soandres quedará baixo o dominio de San Martiño Pinario,e Carballo pasará a ser anexa de Santa María de Ardaña.                  |
|
|
|
CONTORNO DO CARBALLO ANTIGO DE CERNIDE |
|
Fotografía da contorna do recinto que conformaba o Carballo antigo,coñecido no século XIX como Parroquia de San Xoan do Carballo,(polo carballo que tiña plantado,nome usado para a súa topónimia).Feligrexia que pertence ao arcebispado de Santiago.
Estos días foi adecentado,onde xa quedan a vista os antigos muros do cemiterio e da feligrexía.
REVINDICAMOS QUE OS MUROS SEAN RETOCADOS,ENCINTADOS E AXUSTADOS PARA A SÚA CONSERVACIÓN FUTURA. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/173190821618/contorno-do-carballo-antigo-en-cernide align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Fotografía da caveira atopada na contorna do Carballo antigo ubicado en Cernide,no día de hoxe 21 de abríl do ano 2018. Dín parte a Policía Local e Garda Civil, amoseille o sitio e despois de levantar o atestado chámaron a Funeraria. Ollase un cranio humano intacto. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/173190890383/caveira-atopada-no-recinto-do-carballo-antigo align=left vspace=5 hspace=5 border=0>     |
|
|
|
ANTONIO DEL MORAL LÓPEZ |
|
Fotografía de Antonio del Moral López,nado en Campozuelos en 1849, e finado na Coruña no ano 1924.Foi militar e político español.
No ano 1878 contrae casamento con Clotilde Sanjurjo Flórez de Losada,filla da IX condesa de TORRE PENELA e irmán de María Asunción Sanjurjo Flórez,que era a maior de tres irmáns e X CONDESA de TORRE PENELA. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/173185996263/antonio-del-moral-lópez align=left vspace=5 hspace=5 border=0> |
|
|
|
ANTIGO CEMITERIO DE CERNIDE EN CARBALLO DA ARRIBA |
|
Na fotografía ollamos a entrada ao cemiterio de Carballo de Arriba(Cernide),a dereita está o camiño real,detrás situase a igrexa,por onde se pasa para chegar ao lugar da Brea camiño de Berdillo para continuar A Coruña. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/167626592178/antigo-cemiterio-de-cernide align=left vspace=5 hspace=5 border=0> |
|
|
|
CRUCEIRO NO ADRO DA IGREXA NOVA |
|
A igrexa parroquial anterior,un sinxelo templo barroco de 1716,estaba no lugar de Cernide,en Carballo de Arriba.Na foto ollamos o Cruceiro que tiña,que tamen se levou para a igrexa nova.
O primeiro templo construido na vila,é dicir en Carballo de Abaixo,tiña como misión dar acollida aos fieis que se trasladaran a vivir ao novo núcleo,posto que a vella igrexa era de pequenas dimensións,e ademais,estaba moi afastada do asentamento acabado de crear,próximo aos baños. A vila nova e moderna,na que vivían as autoridades xudiciales e administrativas do partido xudicial,cunha puxante vida económica e comercial,precisaba dunha nova igrexa.As obras rematarán en 1864. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/167624783428/cruceiro-no-adro-da-igrexa align=left vspace=5 hspace=5 border=0>  |
|
|
|
|
|
|
|
|