Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CASA NATAL DE ALFREDO BRAÑAS
Ano 1959: Co motivo do centenario do nacemento en 1959 realizase unha gran homenaxe a Alfredo Brañas,organizado polo Concello de Carballo que presidia Gregorio Chillón de la Fuente. Asistiron o profesor Baldomero Cores Trasmonte,Leandro Carré Alvarellos,membro da Real Academia Galega que ademáis representaba o Centro Galego de Montevideo e a Unidad Galega de Nova York. Interviu tamén o avogado carballés Manuel Pazos Abelenda ademáis o sobriño do homenaxeado Angel González Brañas,que era o médico de Cedeira.
Descubrironse dúas placas,dos Centros Galegos de Bos Aires e Montevideo. A do Centro Galego de Bos Aires,de bronce,tiña a inscripción: Eiqui nasceu Alfredo Brañas,11 de xaneiro de 1859.
Na foto a casa onde naceu Alfredo Brañas.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/167268313143/casa-natal-de-alfredo-brañas-menendez align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 08-11-2017 15:19
# Ligazón permanente a este artigo
MONUMENTO AO ESCRITOR ALFREDO BRAÑAS
Dende o ano 1982 erguese na praza de Galicia de Carballo,un fermoso cruceiro realizado polo escultor Buciños en bronce e pedra. Na foto o día da súa inauguración con unha ofrenda floral,ao xurista,profesor axudante,catedrático de Dereito Natural e de Economia Política,ademais de edíl de Santiago de Compostela. Non obstante,Brañas sempre se sentiu orgulloso de ter nacido en Carballo,e así o ten manifestado en varias ocasións ao longo da súa vida.A OFRENDA FLORAL ANTE O CRUCEIRO DE ALFREDO BRAÑAS,FOI REALIZADA COMO SE OLLEA NA FOTO POLO POETA MANUEL MARÍA,O 29 DE XANEIRO DO ANO 2OOO. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/167267975788/monumento-a-alfredo-brañas align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 08-11-2017 14:58
# Ligazón permanente a este artigo
TUMBA DE ALFREDO BRAÑAS
Fotografía da Tumba de Alfredo Brañas Menéndez
nado en Carballo no ano 1859,morreu en Santiago de Compostela o día 21 de febreiro do ano 1900,sendo sepultado no Panteón de Galegos Ilustres,sito na iglesia de Santo Domingo de Bonaval.
É o fillo máis insigne do noso Concello ao día de hoxe.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/162445000568/tumba-de-alfredo-brañas align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 30-06-2017 21:56
# Ligazón permanente a este artigo
Estatua de Alfredo Brañas
Alfredo Brañas estuda en Santiago o bacharelato no Instituto e a carreira de Dereito na Facultade,que remata en 1878. No ano 1889 editase en Barcelona o seu libro O REGIONALISMO.
En 1885 casa con Ramona Casulleras Galiana,vivian na Rúa da Azabacheria número 5,morríu o 21 de febreiro de 1900,con 41 anos,foi enterrado no cemiterio de NOSA SEÑORA DO ROSARIO ,e en 1905 pasaria a SAN DOMINGO DE BONAVAL,que está ao lado,custeado por subscripción popular no actual Panteón de Galegos Ilustres.
Na tumba hai unha incripción que dí:
Aqui yaz Alfredo Brañas,bo cristiano,agarimo a terra gallega,sabido maestro na Escola compostelana.Deus o teña no ceo.Naceo Janeiro 11.1859.Finou febreiro 21-1900.
Na obra El Regionalismo que ten como feito máis destacado a revolta de 1846 que da lugar Os mártires de Carral.Prononciou un célebre discurso durante unha homenaxe que recibíu no seu Carballo natal o 9 de marzo de 1890.O día seguinte en Santiago nun discurso dixo "Brindo e dou gracias o meu querido pobo natal de Carballo que me proporcionou o maior pracer da miña vida,coa súa cariñosa felicitación.
Con motivo do centenario do nacemento en 1959 realizase unha homenaxe a Brañas.organizada polo Concello de Carballo,que presidia Gregorio Chillón de la Fuente.Asistiron entre outros o avogado carballés Manuel Pazos Abelenda e Angel Gonzalez Brañas sobriño seu.En febrero de 2005 colocase un monumento na rúa Coruña,diante da súa casa natal,polo escultor César Lombera,autor entre outras obras dos monumentos As Marias de Santiago ou a de Valle-Inclán na mesma cidade.
http://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/153222941218/estatua-de-alfredo-brañas align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 17-11-2016 13:46
# Ligazón permanente a este artigo
Alfredo Brañas
" Os compañeiros da promoción do 1963 estamos orgullosos das nosas raices bergantiñás e da nosa vinculación con Carballo,onde estudamos e nos divertimos xuntos nunha etapa importante da nosa vida.E por iso sabemos honrar e respectar as persoas destacadas que no pasado lle derón gloria a esta terra por teren nela a súa orixe e por levaren a cabo unha obra importante que transcendeu estes limites territoriales.En tal sentido unha das personalidades máis sobranceiras e brillantes foi Alfredo Brañas,nado en Carballo e unha das figuras máis importantes do galeguismo no século XIX.Nacíu o 11 de xaneiro de 1859 en Carballo.Foi bautizado como Alfredo,José,Francisco,Higinio Brañas Menéndez.Seus pais, naturais da Coruña,eran Vicente María Brañas Valseca e Celestina Menéndez Vilas;tivo catro irmáns.Seu pai,dun matrimonio anterior tivera un fillo tamén escritor Gonzalo Brañas Sánchez ( A Coruña 1840-1903).Seus avós paternos eran Gonzalo Brañas e Juana Balseca de Valladolid;os avós maternos,eran Gregorio Menéndez,da Coruña,e Rita Vilas de Santiago,os padriños foron Enrique Piñeiro e a súa dona Josefa Borrell residentes en Carballo.Estuvo casado con Ramona Casulleras Galiana en 1885,non tiveron fillos,vivian en Santiago na rúa Azabacheria nº 5. Os dous anos en 1861,a súa familia trasladase a Cambados,onde o pai exerce de Registrador da Propiedade.
http://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/153213887813/alfredo-brañas align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (1) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 15-11-2016 14:31
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal