Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ACTUACIÓN DE MIRO CASABELLA NO PAZO DA CULTURA
Presentación de Miro Casabella no Pazo da Cultura de Carballo da partitura que fixo do poema escrito en galego por Alfredo Brañas titulado LEMBRANZAS a o cal lle puxo música Miro.
Esta poesía de costumes galegas,foi premeada coa rosa de prata e ouro no Certáme galego Literario que se celebrou en Pontevedra no día 9 de agosto do ano 1886. Dicia así:
---¿Quén pode esquencer de vello
---os seus tempos de rapás?
---¿Quen pode esquencer a noite
---a noitiña de San Xoán
---co seu séquito de bruxas,
---fogueiras,baños no mar,
---augas de rosas,parrandas,
---troulas,bailes..i ainda máis?
---¡Si hasta vellos como somos
---ós fogos imos brincar !...
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 15-05-2019 08:07
# Ligazón permanente a este artigo
XOCALOMA Y CASABELLA,CON BRAÑAS

Parte de Xocoloma asistiu a Roda de Prensa na presentación do Concerto musical no Pazo da Cultura de Carballo,que se celebrará adicado a figura de Alfredo Brañas Menéndez. O autor do Rexionalismo farase presente como poeta nostálgico do San Xoán,a festa carballesa por excelencia.
Miro Casabella escribiu unha partitura pra LEMBRANZAS e dese traballo saliu o tema A VÉSPERA DE SAN XOÁN.Non é a primeira vez que a música se funde coa vea poética de Brañas,máis coñecido na súa versión política.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 15-05-2019 07:53
# Ligazón permanente a este artigo
MIRO CASABELLA NO PAZO DA CULTURA DE CARBALLO

Fotografia onde ollamos a foto de MIRO CASABELLA na súa actuación no Pazo da Cultura en Carballo onde recita unha cantiga. Esa mesma xornada presentou co grupo carballés Xocaloma a partitura que musicou de Alfredo Brañas Menéndez,nominada LEMBRANZAS( A VÉSPERA DE SAN XOÁN )na data do 11 de maio do ano 2019.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 12-05-2019 22:48
# Ligazón permanente a este artigo
GRUPO XOCALOMA NO PAZO DA CULTURA

MIRO CASABELLA E XOCALOMA,estrean o poema en galego,escrito por ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ " A VÉSPERA DE SAN XOÁN" no Pazo de Cultura de Carballo o día 11 de maio do ano 2019.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 12-05-2019 22:31
# Ligazón permanente a este artigo
PRESENTACIÓN DA PARTITURA DE BRAÑAS NO PAZO DA CULTURA

Presentación no Pazo da Cultura de Carballo da PARTITURA MUSICAL do poema en galego de LEMBRANZAS de ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ que levou a cabo o cantautor e compositor MIRO CASABELLA que lle puxo musico a ese poema acompañado na presentación polo grupo musical carballés XOCALOMA . O acto foi presentado o día 11 de maio do ano 2019.
Na foto ollamos os participantes no evento ao final do mesmo.
Pola esquerda a presentadora do evento Veronica Couto(Radio-voz)-Jorge Campos(Xocaloma)-Miro Casabella-Juan Carlos Díaz(Xocaloma)-Dani García(pianista)-Loly Platas(Xocaloma)-Joaquina Avila(Xocaloma)-Cerviño (Xocaloma)-Cancela(Xocaloma)-Cabana(bateria)-Alfonso(contrabaixo)-e as cantareiras de Verdillo.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 12-05-2019 17:02
# Ligazón permanente a este artigo
ACTA DE DEFUNCIÓN DE Dª TERESA BRAÑAS MENÉNDEZ
En cementerio general de Sto. Domingo de la ciudad de Santiago de Compostela a trece de Noviembre de mil novecientos doce se dió sepultura eclesiástica al cadáver de Dña.Teresa Brañas Menéndez,que falleció ayer en la casa número 4 de la Troya. Era casada en primeras nupcias con Don Manuel Cardama y en segundas nupcias con Don. Tomás González Moar,hija legítima de D.Vicente Brañas y Dª Celestina Menéndez,natural de San Juan de Carballo,vecina de esta de San Benito del Campo y de cincuenta años. Recibió todos los sacramentos de enfermos y demás auxilios espirituales y el mismo día hubo funeral de entierro en la parroquia con asistencia de nueve Sres.Sacerdotes,un cantor y armonium. Y lo firmo como párroco.

------------------D. VICENTE LÓPEZ VIGO
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 10-03-2019 11:44
# Ligazón permanente a este artigo
XUNTANZA NA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Na fotografía ollamos na entrada da Sede da Deputación da Coruña (pola esquerda a José Manuel Cameán--Mari Carmen Vila e Antonio Pichel Lorenzo) o día 6 de marzo do ano 2019.Para celebrar unha Xuntanza co Xefe do Gabinete da Presidencia da Deputación para tratar de acadar a reedición do libro " O REXIONALISMO " ao galego.
--Foi traducido ao galego polo carballés e catedrático de francés e filólogo Antonio Pichel Lorenzo,precedido dun prólogo,escrito polo excatedrático de Historia e academico da R.A.G Xosé Ramón Barreiro Fernández.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 08-03-2019 11:06
# Ligazón permanente a este artigo
CASA ONDE RESIDIU A FAMILIA BRAÑAS EN SANTIAGO
Na foto ollamos a casa nº 20 na rúa Azabachería de Santiago de Compostela,onde pasaban os peregrinos do camiño francés antes de chegar a Porta da Corticela da Catedral de Compostela. Eiquí residiu a familia Brañas Menéndez cando achegarón a Santiago dende Cambados. Nesta casa naceu a derradeira filla da familia(dos oito irmáns) Magdalena Brañas Menéndez.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 05-03-2019 17:40
# Ligazón permanente a este artigo
ANIVERSARIO DO 119 PASAMENTO DE ALFREDO BRAÑAS

Na fotografía ollamos os participantes no Panteón de Galegos Ilustres en Santo Domingos de Bonaval,celebrado o 21 de febreiro do ano 2019, no 119 Aniversario do pasamento de Brañas.Ao Acto asistiron os alcaldes de Santiago e Carballo ademáis da familia Brañas e membros da Asociación Padroado Alfredo Brañas de Carballo.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 26-02-2019 11:46
# Ligazón permanente a este artigo

No Panteón de Galegos Ilustres,os alcaldes dos Concellos de Santiago e Carballo e os membros da Asociación Padroado Alfredo Brañas de Carballo.No Acto da Celebración do 119 Aniversario do pasamento de Alfredo Brañas Menéndez.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 26-02-2019 11:02
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal