Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

PRIMEIRA ESCOLA DO COLEXIO LEUS
Fotografía da Casa do Candado,a da esquina,onde na primeira planta tivo os orixens o Colexio Leus,ao lado a dereita en tempos pasados habia unha casa vella,onde tamén na primeira plata,segue o Colexio Leus,situada na rua Gran Via nº 9. Formaban parte dos mestres ademais de MANUEL BELLO PALLAS,DOSINDA CERQUEIRA AGRELO,VISITACIÓN SANCHEZ FERNANDEZ,e como xefe de estudios ROGELIO AÑÓN REY(finado fai pouco en xaneiro). Estamos a falar na decada dos cincuenta,mais tarde Dosinda Cerqueiro deixouno para establecerse en por ela,cando Manuel Bello Pallas decidiu mudar para a rúa Vázquez de Parga.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/164980532043/primeira-escola-do-colexio-leus align=left vspace=5 hspace=5 border=0>

Fotografía da mestra Dosinda Cerqueiro Agrelo,cando era xoven e exercia a docencia na escola con Manuel Bello Pallas na casa do Candado na Gran Via nº9 de Carballo.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/164980895388/fotografia-da-mestra-dosinda-cerqueiro-agrelo align=left vspace=5 hspace=5 border=0>

Fotografía de Rogelio Añón Rey,finado en xaneiro de este ano 2017 aos 82 anos de idade,que exerceu de xefe de estudios cos profesores Manuel Bello Pallas e Dosinda Cerqueiro Agrelo na escola que estaba ubicada na primeira planta da casa do Candado nº 9 da Gran Via de Carballo.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/164981002963/rogelio-añón-rey align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Reseñas de prensa - Publicado o 04-09-2017 21:36
# Ligazón permanente a este artigo
JOSÉ RAMÓN NOGUEIRA ESMORÍS
https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/166474153343 align=left vspace=5 hspace=5 border=0>

Hai uns días chamáronme uns amigos, tamén exalumnos da Leus, solicitándose se podía facer un artigo sobor da época dos nosos estudos, anos 60, en Carballo, e ademais, que tales recordos se enmarcaran na inesperada e dolorosa morte do meu amigo Canedo, Rusito. Xa que vincularei parte destes recordos ao meu amigo Canedo, asimesmo exalumno da Leus, xunto con tantos outros exalumnos, quero facer un cariñoso recordatorio aos seus pais, José e María, á súa dona Carmen e aos seus fillos Helena e Luís. Asimesmo, permitídeme unha licencia familiar para lembrar tamén a meu irmán Gelasio Nogueira, exalumno da Leus, certamente brillante alumno, falecido haci case tres anos, estendendo o recordatorio á súa dona, Daria, e aos seus fillos, Isabel e Ramón. Canedo e Gelasio, xunto con outros moitos, formáronse de inicio na Leus. Despois, os seus camiños leváronos a Santiago e a Barcelona. Sirva esta breve introdución para lembrar o significado histórico da institución escolar da Leus en Carballo. Vexamos. No 1967 deixei os estudos e, por tanto, a Leus. Fun traballar á Coruña; catro anos despois fixen COU nocturno no instituto da Coruña. Mais isto é outra historia. Recordo estas datas coma se fose hoxe, e debo dicir con total honestidade que o sistema educativo que atopei no instituto da Coruña en nada se parecía ao que vivira na Leus. Parecíame imposible que puidera ser tanta a diferenza entre un centro e outro. Curiosamente, o instituto era público e, a Leus, de carácter privado. A liberdade que atopei no instituto, o trato, o respecto, a ausencia de calquera tipo de violencia física ou moral era evidente en favor da institución pública. Esta idea que aquí expoño é compartida por moita xente. Sirva tamén como contraste no sistema educativo que, por sorte, parte da nosa xeración puido disfrutar do instituto de Carballo, por certo, inaugurado e posto en funcionamento con moito retraso histórico a consecuencia dos indebidos e inxustificados atrancos en favor de intereses económicos e de poder, prexudicando gravemente a centos de estudantes e familias de toda a comarca. Tiven e teño envexa dos meus amigos que si puideron estudar no instituto. O cambio foi radical! Sérveme esta pequena reseña, xunto á recente morte de Canedo, para poder ilustrar toda unha época e, por suposto, para facer recordatorio de varias xeracións que estudaron na Leus. Estas xeracións, non o esquezamos, fixeron non só un Carballo grande, o actual, senón que tamén axudaron a unha case eterna e fonda solidariedade entre todos nós, xunto cunha grata e permanente cercanía e cariño. Debo ser xusto e obxectivo para valorar, naquel contexto franquista, a existencia dunha educación certamente autoritaria, moitas veces -¡demasiadas!- violenta, á que estivemos sometidos, sen perxuízo, a todos os pesares, de que moitos, os máis, fomos capaces de saír adiante na vida.

Triunfar na vidaMoitas mulleres e homes de Carballo formáronse neste ambiente educativo e, todo hai que dicilo, acadaron triunfar na vida. Teño absoluto respecto por quen teña unha visión distinta daquela educación, mais debemos estar de acordo en que era moeda corrente en moitos centros educativos da época. Se ben aquela educación tiña un evidente sentido represor, tamén é verdade que foi combativa e que tal combate fíxose a través do humor, da ironía, do sarcasmo ou, como non, do cabreo... Quen non recorda aquelas frases míticas (e temerosas) do ‘direktor’? Uns exemplos:
Se iamos en fila e o direktor te vía entre os dez últimos, dábache un cachete e a reprimenda. Se ousabas dicir que sempre hai dez últimos, dicíache que procuraras ser ti. Direktor dixit. Como non recordar a violencia e berros sobre os alumnos. O mellor alumno da miña clase foi castigado por facer ben a división de decimais, pois, segundo o direktor, dixo «se tacha la coma» no lugar de «se borra la coma», expresado polo alumno. «Entender o pasado con certa nostalxia, mais tamén como moita alegría e ilusión, con humor e amor»


É certo, como así o constatou na súa actividade deportiva o noso amigo Canedo, que onde verdadeiramente destacabamos era na «Gimnasia». Explícome: dende a reválida de cuarto faciamos os exames finais no instituto da Coruña. Todos, alumnas e alumnos, tiñamos o aprobado xeral. Na nosa inocencia (ou maldade), vai ti saber, pensabamos que como eramos moi bos no «salto da morte», no «burro», na corda, ou no fútbol... que no instituto nos aprobaban por ser «elites deportivas» ou «cabezas de serie». O certo é que xamais viramos un «plinton» nin un «potro», nin un aro de baloncesto nin unha corda de ximnasia. «La novia»Tamén había momentos para as risas e o bo humor e, debo dicilo, para estudar. Nunha ocasión «ordenou» o direktor que alguén tiña que cantar. Tocoume a min. Era como ir «ao desfile de estrellas». Cantei La novia, e foi para toda a Leus. O premio do direktor: permiso para xogar toda a tarde. Esperpéntico! Vede pois que os Canedos, os Gelasios, e tamén todos nós, aprendemos, xogamos, sufrimos... mais en definitiva dounos para moitas cousas a vida. XuntanzaQue a xuntanza que imos ter nos axude a falar e a entender o pasado cunha certa nostalxia, mais tamén como moita alegría e ilusión, con moito humor e amor e, sobremaneira, disfrutar todos os que estamos e recordar sempre aos que foron e que sempre estarán no noso corazón. Un saúdo e unha aperta a todos.
Comentarios (0) - Categoría: Reseñas de prensa - Publicado o 04-09-2017 15:10
# Ligazón permanente a este artigo
ANUNCIOS DE PRENSA
Hoxe, domingo día 3 de setembro,editase este artigo anunciando a Festa do 50 Aniversario dos alumnos/as do Colexio Leus da decada dos sesenta,no diario o Ideal Gallego,relatando o horario das actividades. OS ACTOS COMEZAN AS 12 DA MAÑÁ na IGLESIA PARROQUIAL O SABADO 9 DE SETEMBRO. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/164931457453/anuncio-de-prensa-ideal-gallego align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Reseñas de prensa - Publicado o 03-09-2017 15:34
# Ligazón permanente a este artigo
CENA HOMENAXE DA XUBILACIÓN DE JOSÉ ANTONIO
RESEÑA DA VOZ DE GALICIA 28 XULIO 2016

https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/164743015978/xubilación-josé-antonio-viña-patiño



28/07/2016 05:00 H

Con Pedro Luis Fernández Pombo y Suso Añón como cabecillas y Sergio Viña -hijo del protagonista- como cómplice, medio centenar de amigos rindieron el sábado pasado un homenaje sorpresa a José Antonio Viña, con motivo de su jubilación como profesor. Entre los presentes en el acto celebrado en el restaurante carballés Río Sil estuvieron varios compañeros de filas en el PSOE, como José Ramón Varela, pero también colegas de otras formaciones: Evencio Ferrero, Miguel Ferreiro, Luis Lamas y José Manuel Traba, entre otros.
Comentarios (0) - Categoría: Reseñas de prensa - Publicado o 29-08-2017 15:16
# Ligazón permanente a este artigo
Aqueles anos 60 dun rapaz da aldea que veu estudar a Carballo
Reseña de prensa de La Voz de Galicia do 21 de Agosto de 2017.

https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/164452171753/xosé-ramón-freixeiro-mato


Hai xa moito tempo, aló polos anos 60 do século pasado, que toda unha xeración de rapaces e rapazas de Carballo e da bisbarra cursamos total ou parcialmente o ensino medio nun colexio privado da capital bergantiñá, pois naquela altura non existía un centro público que prestase ese servizo. Estabamos en plena ditadura franquista e, alén da falta de liberdades democráticas, as familias humildes achaban moitas dificultades para lles poderen dar unha educación aos seus fillos e fillas que lles abrise a porta a un futuro mellor.

Habituadas a unha vida dura de sacrificios e privacións, moitas desas familias fixeron un grande esforzo para pagaren os custos do ensino que o Estado ditatorial, ao servizo das clases máis privilexiadas, non garantía. Así foi como naquela década coincidimos nese colexio persoas novas de diferente procedencia e condición, a maioría de orixe rural e de familias modestas, mais con ansias de aprendermos na procura dunha vida mellor. Aspirabamos a saír da pobreza e do atraso material, mais tamén da cativeza moral e cultural da época, para nos abrirmos a novos horizontes que nos permitisen comprender mellor o mundo e facérmonos persoas máis cultas, libres e dignas. Este ano aqueles estudantes novos doutrora, convertidos hoxe en persoas de provecta idade, unhas xa xubiladas e outras a punto de o faceren, queremos botar a ollada atrás e lembrarmos aqueles tempos idos, cos seus pros e contras, coas súas miserias e tamén con algunha grandeza, que viña fundamentalmente da forza que daba unha idade chea de proxectos, ilusións e esperanzas. Unhas foron cumpridas e outras non, mais o feito de chegarmos a este punto das nosas vidas constitúe por si propio un motivo de satisfacción e unha causa para a celebración conxunta.
Experiencias partilladasCelebramos, pois, a efeméride do reencontro, as experiencias partilladas e as lembranzas dunha vida marcada pola nosa común orixe bergantiñá. E facémolo neste 2017 en que tamén se conmemora o centenario do pasamento de Eduardo Pondal, aquel grande poeta, veciño noso, que non estudabamos no colexio porque a lingua en que el escribiu e que nós, fósemos da aldea ou da vila, falabamos sempre fóra, tiña vedada a entrada nas aulas. Algúns reencontrámonos após moitos anos e, cando agora nos ollamos, sentimos esa natural sensación do paso do tempo e da brevidade da vida, o tempus fugit presente nos poetas clásicos e que non podía faltar no noso bardo: Carballos de Carballido, / cand’ era rapaz deixeivos; / vin despois de muitos anos; / xa vamos vellos. Certamente, transcorridos tantos anos, nós tamén imos indo vellos.

Porén, aínda conservamos forzas e ilusión para sermos de utilidade á nosa Terra e para continuarmos a traballar por un mundo mellor e máis xusto, pois é isto o que dá sentido ás nosas vidas. Ao tentar lembrar aqueles anos de convivencia escolar, acode á miña memoria, alén da antinatural separación por sexos, que nos privaba de enriquecer o noso ámbito de experiencias e alimentaba un machismo xa ben presente na sociedade, a diferenciación segundo a procedencia rural e vilega do alumnado. «Envexabámolos porque andaban co calzado limpo, e non cheo de lama»Os que viñamos do mundo rural sentiamos certo complexo perante os que eran da vila, neste caso de Carballo, aos cales envexabamos porque andaban co calzado limpo, e non cheo da lama ou po das corredoiras coma nós, porque non tiñan que ir coas vacas, nin chamar os bois na milleira, etcétera. En fin, porque eles eran uns ‘señoritos’ que só tiñan a obriga de estudaren e nós uns fillos de labregos que tamén tiñamos de andar fozando na terra. Canta envexa sentiamos mesmo dos fillos e fillas de obreiros da nosa propia aldea porque, na súa pobreza, non tiñan vacas nin terras para traballaren! Por iso as rapazas e rapaces labregos que acudiamos ao colexio a Carballo, ás veces en bicicleta ou mesmo andando en pleno inverno, non estrañabamos tanto as duras condicións daquel ensino autoritario nun sistema educativo antidemocrático e antigalego que tiña por filosofía xeral «a letra con sangue entra», a pesar dalgúns bos profesores e profesoras que conservamos na nosa memoria. Inclusive nos considerabamos uns privilexiados a respecto doutros compañeiros da aldea ou dos nosos propios irmáns, porque a alternativa ao estudo era o duro traballo da terra e para nós nada semellaba peor do que iso. Eran os signos dos tempos na longa noite de pedra do franquismo que nos tocou vivir. Felizmente, o ensino tamén mudou, como mudou a sociedade e nós mesmos.

E o que agora cómpre é ficarmos cos bos recordos dunha época da nosa vida chea de ilusións e de esperanzas. Volvamos aos versos do bo bergantiñán; Pasáranse as alegrías / que trouguera o tempo ledo; / a mocedá fui pasada: / xa vamos vellos. Mais que viva moitos anos aquela xeración dos 60!

Comentarios (0) - Categoría: Reseñas de prensa - Publicado o 28-08-2017 21:50
# Ligazón permanente a este artigo
50 aniversario dos alumnos da Leus
Publicado en La Voz de Galicia, Edición Carballo o 28 de Agosto do 2017
https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/164721048723/evencio-ferrero-rodríguez


As recurrentes afirmacións de Carré Aldao, alá polos anos vinte do pasado século, quen describía a Carballo nun ton idílico e optimista e como reafirma Xelasio Nogueira, é posible que así fose na realidade, márcanos o punto do partida a unha transformación que destruíu, un a un, os nosos símbolos urbanos.Falaba Carré Aldao da vila de Carballo como progresiva e alegre: «Reúne Carballo os elementos precisos para a vida e atencións da fértil e riquísima comarca, da que ven a ser como capital, e aínda cando a súa poboación non era moi crecida [lembremos que en aquela altura o caso urbano apenas superaba os mil habitantes] non carece de todo o preciso, levando nesto avantaxe a pobos de maior veciñanza... O casarío é moderno e de boa aparencia e gusto, estendéndose ao longo das estradas que atravesan a vila e que forman as súas rúas principais, trazadas a cordel e con boas beirarrúas... presentando a poboación un aspecto alegre e culto». Citaba os antigos edificios da igrexa e concello (desaparecidos os dous a comezos dos anos 70) afirmando que «honran a Carballo, que pode envenecerse de contar con dous soberbios edificios, que para sí quixeran capitais importantes». Este último parágrafo con referencia a Carré Aldao non deixa dúbidas sobre a súa visión optimista de aquel pasado Carballo afirmando que «prospera e embelécese: auméntanse e urbanizan os seus edificios, trázanse fermosos xardíns e dotase ao pobo de outras melloras que o converterán en núcleo importante de grande porvir». Foi este o Carballo que herdamos 50 anos despois? Desde logo no modelo urbano pódese afirmar con rotundidade que non. Esa mesma resposta tamén a dan varias persoas que teñen reflexionado sobre este pobo onde nacemos e tamén escollemos vivir, e dende logo voces autorizadas que foron interpretando tamén a nosa realidade entre as que sobresae o historiador e cronista Xan Fraga Rodríguez.
A historia de Carballo, como a de calquera outro lugar, ten aínda moitas páxinas en branco. «Cada época, tamén a presente, está destinada a se converter en pasado; como todo espazo, tamén o noso, acabará por ser terra de outros». Pero sempre debemos procurar transformar para mellorar o pasado. Tranformación constanteCarballo sufriu transformacións e vaise convertendo en pequena cidade. Desde finais dos anos 60 tivo cambios profundos; algúns, ao meu modesto entender, moi atinados, e outros sen dúbida claramente desafortunados e foron estes coincidentes con un período político do tardofranquismo, nun clima de clara represión, quen precipitaron moitos novos compromisos militantes naquela altura arredor de dous proxectos, un nucleado polo nacionalismo e outro arredor do socialismo de Tierno Galván, proxectos novos para facer frente á dereita destructora.

Lembro que o meu primeiro documento de indentidade foi sacado un xoves de feira no edificio concello vello que pouco despois vin desaparecer. Borrouse tamén da imaxe urbana a igrexa, os baños da condesa, o campo da feira, Pedras Brancas… todos eles espazos nos que convivimos na nosa infancia, todos eles espazos arrebatados.A locomotora de Bergantiños


Carballo precisa no futuro continuar sendo motor de crecemento territorial con especial atención á capacidade de atraer traballo, actividade, investimentos e mellora de infraestructuras. Foron as xentes de Carballo as que apostaron por un crecemento que fixo posible a nosa conversión en locomotora territorial de Bergantiños. Hai que ser moi carballés para que unha fábrica de conservas se converta en líder mundial cando naceu a quilómetros do mar. A implicación das xentes foi un gran activo nun pobo que naceu sendo un aluvión de xente vida de fóra: maragatos, ourensáns, moitos deles innovadores e que forman parte das elites locais. Eles tamén transformaron a política local. En 1910 a parroquia de Sofán tiña máis habitantes que toda a de San Xoán de Carballo (1.801 fronte a 1789). De coller os datos no libro Crónica fotográfica de Carballo e referidos só ao casco urbano a diferencia aínda sería maior en beneficio de Sofán. Tivemos que chegar ata o 1996 para ver por vez primeira como Carballo casco urbano superaba ao sumatorio das parroquias carballesas e unicamente por 242 habitantes. O concello rexistraba nese ano un total de 26.864, dos que 13311 vivían nas 17 parroquias restantes. O crecemento dos pobos non é unha liña en continua evolución. Hai decisións que favorecen, retardan ou impulsan ese crecemento. Os términos municipais, salvo contadas excepcións, manteñen os límites e superficies deseñados hai 150 anos cando a parroquia era o elemento vertebrador porque a vida xiraba no eixo vivenda-traballo-relacións. O traballo estaba nas fincas ou montes próximos e as relacións eran de veciñanza. No último tercio do século pasado Carballo dou pasos importantes para reforzar o casco urbano. En momentos de apartheid dicía Luther King que tivera un soño para a raza negra. Décadas despois ver a Obama como presidente dos EE.UU. demostra que algúns soños poden facerse realidade, aínda que agora parece que algún soños poden converterse en pesadelo.
Comentarios (0) - Categoría: Reseñas de prensa - Publicado o 28-08-2017 21:32
# Ligazón permanente a este artigo
GRUPO MUSICAL XOCALOMA
Fotografía do Grupo Musical de Carballo XOCALOMA
onde se atopa o noso compañeiro de Promoción do 63, JOSÉ MANUEL HURTADO DE MENDOZA ANIDO.
Na foto está situado a dereita,de arriba abaixo o segundo de barba.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/164670601663/grupo-musical-xocaloma align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Reseñas de prensa - Publicado o 27-08-2017 15:05
# Ligazón permanente a este artigo
PROGRAMA DO 50 ANIVERSARIO DA LEUS
Artigo públicado na Voz de Galicia o día 22 de Agosto do ano 2017. Onde se reseñan os actos a seguir o día da Celebración da Efemerides do 50 Aniversario das promocións dos 60 no Colexio Leus de Carballo. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/164519529283/programa-da-efemerides-dos-50-anos align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Reseñas de prensa - Publicado o 23-08-2017 14:32
# Ligazón permanente a este artigo
XOSÉ RAMÓN FREIXEIRO MATO
Fotografía do profesor da Universidade da Coruña
Xosé Ramón Freixeiro.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/164452171753/xosé-ramón-freixeiro-mato align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Reseñas de prensa - Publicado o 21-08-2017 20:30
# Ligazón permanente a este artigo
ARTIGO DE ANTONIO PACORET BALSA
Este é o segundo dos artigos que todos os luns se publica na Voz de Galicia,a celebración do acto da conmemoración do 50 Aniversario dos exalumnos do Colexio Leus de Carballo que se celebrará o 9 de Setembro,sabado as 12 da mañá na Iglesia de Carballo.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/164206828313/antonio-pacoret-balsa align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Reseñas de prensa - Publicado o 15-08-2017 09:26
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal