Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

JOSÉ GABÍN DOMINGUEZ
Fotografía de José Gabín Dominguez,compañeiro noso da Promoción do 63,nado en Nantón (Cabana ),no ano 1951.
A súa historia persoal,foi diplomado en empresariais,exerceu a súa profesión nas empresas seguintes : AUTO CENTRO TOUR,S.A (Axencia de viaxes), CONHISA (Construtora de infraestruturas para Telefónica), CONINSA (Construtora do Colector Xeral da Coruña),ADISA (Construtora auxiliar de AUDASA ), e coma caixeiro de dirección de UNIÓN FENOSA ata a súa xubilación,por idade regulamentaria,no ano 2015.
Polo seu interese na defensa dos dereitos do proletariado,foi delegado sindical nas empresas que prestou os seus servizos.Residiu en Madrid algúns anos e volveu a Coruña onde vive na actualidade,está divorciado e ten unha filla,é un defensor e amante do pobo galego e a súa lingua,a que estudou pola súa conta e a que emprega acotío.
Dende esta páxina achega unha aperta a tódolos compañeiros e a súa lembranza máis agarimosa aos que xa non están entre nós,de xeito moi especial ao crego e mestre de relixión D. HECTOR BLANCO TATO,persoa cuns principios e valores humanos que moi poucos soen posuir.
http://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/153594862268/josé-gabín-dominguez align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Cea 1995 - Publicado o 24-11-2016 18:06
# Ligazón permanente a este artigo
JOSÉ RAMÓN PEDREIRA BARROS
Fotografía do noso compañeiro José Ramón Pedreira Barros,na época en que estaba estudiando arquitectura na Complutense de Madríd a principios dos anos setenta.
http://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/153531633143/josé-ramón-pedreira-2 align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Cea 1995 - Publicado o 23-11-2016 18:37
# Ligazón permanente a este artigo
JOSÉ RAMÓN PEDREIRA BARROS
Fotografía do noso compañeiro José Ramón Pedreira Barros,que realizou arquitectura na Complutense de Madríd,despois de un periplo corto en Bos Aires,regresou a súa terra a finales dos setenta,que foi cando fai o proxecto e dirixe a construcción do Santuario de San Cristobal,coa colaboración do aparellador Juan Leis Mayán.José Ramón Pedreira fixo os planos sobre a marcha e deseñounos de balde.O proxecto desenvólvese conforme ao que él acordara e rematou o deseño do edificio.
Foi o único arquitecto da Promoción do 63,despois de anos de traballo da execución de varias obras a morte levouno moi cedo por unha longa enfermidade.

http://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/153529160543/josé-ramón-pedreira-1 align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Cea 1995 - Publicado o 22-11-2016 21:54
# Ligazón permanente a este artigo
Personaxes da nosa infancia
Dous dos personaxes da nosa xuventude que non podemos esquecer son os famosos MARISCO e LUISIÑO.
A nosa promoción do 63 lembraos con agarimo,aínda que Luisiño era máis próximo xa que moitas veces parabase a parolar con nos,sempre tiña algo que contar. ( de todos é coñecido a teima que tiña coas pesetas do un )

Un recordo de toda a Promoción os dous polos momentos tan felices que nos fixerón pasar.

http://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/153302682628/personajes-da-nosa-infancia align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Cea 1995 - Publicado o 17-11-2016 15:55
# Ligazón permanente a este artigo
Reunión da Promoción do 1963
UNHAS REUNIÓNS ESPALLADAS É UN ACTIVO BLOG ACAPARA AOS COMPOÑENTES DA PROMOCIÓN DO 63.
No día de onte 11 novembro do 2O16, na Parrillada Pedra Queimada de San Cristobal,celebrouse unha xuntanza entre compañeiros de estudios do Colexio Leus para arranxar a festa do 50 Aniversario da Promoción do 63 que se levará a cabo no ano próximo ó máis seguro.
Pouca xente asistiu á xuntanza, intre os compoñentes da Promoción,soamente estaban Antonio Pacoret Balsa,José Antonio Viña Patiño,José Manuel Cameán Vázquez,José Carballido Villar,Armán Barcia,Peteiro Varela e Jesús Velo Reguera.
Acordouse invitar aos profesores e viúvas/os,dos mesmos,e poñelo en prensa a principios do ano próximo 2O17.http://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/153050868633/reunión-da-promoción align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Cea 1995 - Publicado o 11-11-2016 21:57
# Ligazón permanente a este artigo
Fotografia da Srta. Angeles Mosquera.
Na foto a nosa Profesora de Francés ANGELES MOSQUERA ARIAS,sacada en Carballo nos anos sesenta,cando nos daba clase.A foto que vemos na paxina anterior está sacada estes anos,estamos a falar que pasarón 50 anos de unha foto a outra.

http://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/152678867988/la-profesora-de-francés align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Cea 1995 - Publicado o 03-11-2016 15:10
# Ligazón permanente a este artigo
JOSE MANUEL PENSADO VARELA
Fotografía do noso compañeiro de Promoción do 1963,José Manuel Pensado (está situado no centro da foto )con unhos amigos,o da dereita é Javier do Colón,na foto vese detrás a fonte do estanque que habia no xardín,cantas veces nos sentabamos en todo o borde da mesma,tamén se ven o fondo os pabellos do mercado concretamente o grande.

http://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/152518376743/pensado-varela-jm align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Cea 1995 - Publicado o 31-10-2016 19:55
# Ligazón permanente a este artigo
Casa do Peón Caminero
Fotografía da casa do Peón Caminero,na Casilla,que de aí sae o nome da zona A Casilla,era donde residia o Lagueiro (a persoa que coidaba das cunetas da carretera desde Carballo a Vimianzo,despois viñerón as maquinas é desapareceu esa profesión.Esta casa ainda hoxe esta habitada por iso está en tan bo arranxo.Era un dos limites do casco urban de Carballo na salida a Finisterre,o pasar a Ponte de Isabél II.
http://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/152463530193/casa-peon-caminero align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Cea 1995 - Publicado o 30-10-2016 17:22
# Ligazón permanente a este artigo
A nosa Profesora Srta. Marina de xoven
Fotografía da nosa profesora de matemáticas Marina Gonzalez-Barros Albardonedo cando era estudiante de Filosofía en Santiago de Compostela.

http://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/152163404733/la-profesora-marina-foto-6 align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Cea 1995 - Publicado o 23-10-2016 17:34
# Ligazón permanente a este artigo
La profesora de Matemáticas Marina
Fotografía da nosa profesora de matemáticas Srta.Marina que ala polos anos 1945 a 1949 fundou con súa irmán Antonia (Tonuca) Gonzalez-Barros Albardonedo e Visitación Sanchez Fernandez (Visi)que tamén foi profesora nosa de Literatura durante o bacherelato un colexio en Carballo na rua Fomento chamado COLEXIO NOSA SEÑORA DE EUROPA,que máis tarde foi o fermento do Colexio Leus de Pallas,incluso parte do primeiro mobiliario da Leús na Vazquez de Parga saío de este colexio o cerrar o que elas fundarán.Tonuca casouse co medíco de Carballo Jose Guillermo Regueiro,ela era a que levaba a parte administrativa e Marina e Visi a parte docente,que despois do cierre marcharón de profesoras para o Colexio Leus .

http://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/152163341288/profesora-marina-foto-3 align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Cea 1995 - Publicado o 23-10-2016 17:28
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal