PROFESGALEGAS
AS FUNCIÓNS SINTÁCTICAS
As funcións sintácticas.
Toda cláusula está formada por un predicado e uns complementos, entre os que podemos sinalar os seguintes: Suxeito, CD, CI, Suplemento, Atributo, Predicativo, CCL, CCM e 	CCT –entre outros-. A continuación iremos explicando a función e as características de cada un deles.
PREDICADO: é o verbo –principal- que dá sentido á cláusula. Sempre nos aporta información sobre o Suxeito, co que ha de concordar necesariamente en número e persoa.
SUXEITO: indica quén realiza a acción expresada polo verbo, non necesariamente ten que ser sempre unha persoa (tocoulle a lotería), e debemos diferencialo sempre, o suxeito gramatical, do suxeito lóxico. Poñamos un exemplo, “A Luís tocoulle a lotería”: o suxeito gramatical é “a lotería” e o suxeito lóxico “ A Luís”.
CD: sempre é substituíble polo pronome átono “O”, “A”, “OS”, “AS”, ademais para identificalo correctamente podo recorrer ao seguinte método: pasar a secuencia a voz pasiva, na que o CD será sempre o SUXEITO PACENTE, e o suxeito da activa ao pasalo a pasiva será sempre o C. AXENTE. Vexamos uns exemplos: María comeu mazás > María comeunas > As mazás foron comidas por María.
O CD se é de persoa poderá levar a preposición “A”, co cal debemos de ter moito coidado xa que con frecuencia tenderemos a confundilo co CI. Exemplo: Vexo a María > Véxoa.
CI: sempre é substituíble polo pronome átono “LLE”, LLES”. En ocasións pode aparecer duplicado na cláusula (Díxolle iso a Luís).
O CI sempre será unha F.PREP pois vai introducido sempre pola preposición “A” ou “PARA”. Vexamos un exemplo: mercoulles uns xoguetes aos/ para os cativos.
ATRIBUTO: xeralmente é desenvolvido por un adxectivo, un substantivo, aínda que algunha vez pode ser que apareza na función de atributo un adverbio (el é así), ou unha F.PREP (el é de Madrid = el é madrileño).
O ATRIBUTO só pode aparecer cos verbos copulativos (ser, estar, parecer) e ten que concordar sempre en xénero, número e persoa co SUXEITO. Vexamos uns exemplos: Eles son moi traballadores, ela está un pouco cansa, parece mentira a súa actitude.
O PREDICATIVO sempre será un adxectivo ou un substantivo que concorda necesariamente en xénero e número ben co SUXEITO ben co CD, xa que me aporta máis información el. Vexamos un exemplo: a botella quedou baleira. Neste caso o adxectivo baleira é predicativo porque me aporta información sobre o suxeito co cal concorda en xénero e nº. Outra alternativa para identificar o predicativo e non confundilo, como ás veces lles pode pasar a moitos, é cambialo de xénero ou ben de número, como acontece por exemplo en as botellas quedaron baleiras e os cadernos permaneceron gardados no armario.
Vexamos agora un exemplo dun predicativo que concorde co CD: a clase elixiu a Pedro delegado, onde a Pedro é o CD e delegado é o predicativo, xa que nos aporta máis información, neeste caso sobre Pedro.
O SUPLEMENTO sempre é unha F.Prep e aparece en estruturas nas que o verbo rexe preposición cun significado pleno. Algúns exemplos de verbos que rexen suplemento poderían ser. falar de, tratar de, confiar en , pensar en, desconfiar de, e todos os verbos pronominais como por exemplo. namorarse de, esquecerse de, lembrarse de, alimentarse de, transformarse en, convencerse de, etc.
EXEMPLOS DE CLÁUSULAS SUBSTANTIVAS EN FUNCIÓN DE FRASE SUBSTANTIVA
2. Tes sorte de que estea ela alí.
3. Teño garnas de falar con eles.
4. Teño moitas ganas de dicirlle unha cantas cousas.
5. Ten poucas posibilidades de pasar con éxito esa proba.
6. Ten moitas posibilidades de que o chamen para ese traballo.
7. Hai moitas probabilidades de que merque ese coche
EXEMPLOS DE CLÁUSULAS SUBSTATNIVAS EN FUNCIÓN DE MOD DE FRASE ADXECTIVA
2. Está totalmente convencido de que pode acadar unha boa puntuación nese exame
3. Non fomos capaces de adentarnos máis no bosque
4. Non son consciente de dicir tal cousa nese momento
5. Estamos cansos de traballar sempre no mesmo.
6. Quedou farto de tanto berrarlle
7. Quedamos roucos de tanto falar
EXEMPLOS DE CLÁUSULAS SUBSTATNIVAS EN FUNCIÓN DE CD
• Logramos convencelo
• Preferimos regalarllo polo seu aniversario
• Necesito falar con eles urxentemente
• Non sei se ela o sabe
• Xa sabemos quen foi
• Pregúntalle qué hora é
EXEMPLOS DE CLÁUSULAS SUBSTATNIVAS EN FUNCIÓN DE SUPLEMENTO
•	Os traballadores pensaron en facer unha folga.
•	Os habitantes falaron de que as rebaixas comenzaron.
•	O alumno alegrouse de aprobar todo.
•	O médico insistiulle en que era necesario andar durante o día.
•       Trataremos de amañarllo axiña
EXEMPLOS DE CLÁUSULAS SUBSTATNIVAS EN FUNCIÓN DE ATRIBUTO
•	O tema é que empezan as clases.
•	O asunto é que seguen retrasando as obras.
•	O problema é que quedan demasiados asuntos pendentes.
•	A razón desa elección é que resultan moi chamativos.
EXEMPLOS DE CLÁUSULAS SUBSTATNIVAS EN FUNCIÓN DE SUXEITO
•	O mellor é que imos moitos.
•	O importante é que hai que gañar este partido.
•	Que cheguen alimentos é o necesario.
•	Que saia todo ben é fundamental.
•       Que se recupere canto antes é o primordial neste momento
•        Escoitar música moi alta é prexudicial para o oídos.
•        Falar de determinados aspectos nalgures pode resultar peigoso.
Corrección do exercicio de identificación de tipos de QUE
*que conxunción completiva
* que pronome relativo
* que pronome interrogativo
1. O feito de que non o convocasen é moi significativo.
2. A rapaza coa que falaba Manuel era a moza de Luís.
3. É o mellor regalo que me puideron facer.
4. Creo que todos estamos pensando no mesmo.
5. Parece que as alternativas que lles ofrecen non os convencen demasiado.
6. A cuestión é que perderon o partido.
7. O xogador que fora convocado polo seleccionador nacional mancouse durante o adestramento matinal.
8. Moitos pensamos que a última película que protagoniza ese actor será todo un éxito.
9. Os zapatos que mercou Mariña sonlle moi cómodos.
10. O bar da esquina que rexenta Alberto ten sempre moita xente.
11. Xa lle dixemos que o programa informático que nos pasara Rafael estaba moi ben.
12. Non sabiamos qué (determinante interrogativo) roupa poñer para ese evento.
13. Durante as xornadas que imos celebrar  dirémoslles que todo o traballo que deben realizar corre pola súa conta.
14. Parece que hai demasiada xente que opina que todo o que sae na Internet é pouco fiable.
15. Dille que xa sabes que naceu o neno que esperaba a veciña do quinto e que é un bebé precioso.
16. Necesito que me digas qué (determinante interrogativo) tipo de tea queres que merque para lle faceres o disfraz que che pediu Manuela.
17. Xa sabemos que o que temos que traballar é importante para poder aprobar todo o curso.
18. Nunca chegamos a pensar que iso que lle dixemos puidiese afectarlle tanto.
18. Non sabemos qué lle puido sentar tan mal.
20. Cóntalle ao teu amigo qué é o que che pasou.
21. Queres que sexa eu o que lle diga que aprobou?
22. Gústame moito o xersei de raias que leva Adela.
23. Encantoume oírlle dicir que tiñas razón.
24. Preferiría que foses ti a persoa que lle comunicases esa nova.
25. Non sei qué lle puido pasar pola cabeza para pensar que nós poderiamos desexarlle que lle sucedese iso que lle pasou.
Corrección do exercicio de identificación de nexos de oracións bipolares (26/4/2010)
2.	Malia saír elixido delegado non está contento, porque sempre ten que queixarse de todo. Oración bipolar concesiva que contén na tese unha oración bipolar causal.
3.	Unha alta porcentaxe da poboación sofre esa doenza, sen embargo nunca sae reflectido nas estatísticas. Oración bipolar adversativa.
4.	Como non me entreguedes as autorizacións que vos enviamos, non iremos de excursión, porque sen elas non podemos facer nada. Oración bipolar condicional que contén no condicionado unha oración bipolar causal
5.	Por moito que che poida parecer unha persoa honrada, non cho é tanto porque mira o que lle fixo a Raquel. Oración bipolar concesiva que contén na tese unha oración bipolar causal.
6.	Dado que non hai máis dúbidas fixaremos a data para a realización do exame de avaliación. Oración bipolar causal
7.	A xente segue estando temerosa a pesar de que nos medios de comunicación digan que non hai posibilidade de haber outro terremoto. Oración bipolar concesiva.
8.	Moitos veciños desa urbanización que foi asaltada teñen medo, xa que consideran que non están totalmente protexidos. Oración bipolar causal.
9.	Os médicos din que a operación saíu ben, non obstante haberá que ser cautelosos e ver como evoluciona o pacente, visto que noutros casos o postoperatorio non foi tan bo. Oración bipolar adversativa que contén na antítese unha oración bipolar causal.
10.	Sempre que ela se faga responsable deses cartos os demais podemos estar tranquilos. Oración bipolar condicional
11.	Se realmente nos comunicasen se veñen cear, todos estariamos máis tranquilos, xa que sendo así xa o poderiamos encargar todo con antelación. Oración bipolar condiconal que contén no condicionado unha oración bipolar casusal.
12.	Malia que había bastante néboa o avión conseguiu aterrar no aeroporto sen maiores complicacións. Oración bipolar concesiva.
13.	Pénsao ben, porque aínda que non cho pareza é un investimento de cartos moi importante. Oración bipolar causal que contén na causa unha oración bipolar concesiva.
14.	Ese rapaz ten máis capacidades ca Xoán, pero é tan despistado que non as sabe aproveitar. Oración bipolar adversativa que contén na tese unha oración bipolar comparativa e dentro da antítese unha oración bipolar consecutiva.
15.	Conseguircho custoume máis do que poidas pensar, así que trátao ben. Oración bipolar consecutiva que contén no antecedente unha oración bipolar comparativa.
16.	Non vimos ao concelleiro de urbanismo de modo que non temos o permiso que nos fai falta. Oración bipolar consecutiva.
17.	Resulta tan perigoso como calquera outro deporte de risco. Oración bipolar comparativa
18.	Esquecemos as chaves do garaxe, daquela non podemos ir no coche. Oración bipolar consecutiva.
19.	Quedou tan farto trala comida que durmiu durante toda a tarde. Oración bipolar consecutiva
20.	Se queres que cho merque agora dimo, porque teño que coller cartos. Oración bipolar condicional que contén no condo unha oración bipolar causal
21.Ía tandespistado que case cae e tropeza. Oración bipolar consecutiva.
22. Aprobou todo, pero non llo digas porque prefiro que sexa unha sorpresa. Oración bipolar adversativa que contén dentro da antítese unha oración bipolar causal.
23.	Como non me deas agora mesmo o libro, dígollo á túa nai, así que ti verás.Oración bipolar condicional que contén unha oración bipolar consecutiva
24.	É a ave máis lenta que hai na terra porque só pode sobrevoar medio quilómetro á hora. Oración bipolar comparativa que contén no 2º termo unha oración bipolar causal.
Diferencia nas seguintes cláusulas os distintos tipos de QUE (conxunción completiva, pronome interrogativo, determinante interrogativo ou pronome relativo)
EX. Non sei qué (pronome interrogativo) quere que (conxunción completiva) faga co libro que (pronome relativo) me deixou.
1. O feito de que non o convocasen é moi significativo.
2. A rapaza coa que falaba Manuel era a moza de Luís.
3. É o mellor regalo que me puideron facer.
4. Creo que todos estamos pensando no mesmo.
5. Parece que as alternativas que lles ofrecen non os convencen demasiado.
6. A cuestión é que perderon o partido.
7. O xogador que fora convocado polo seleccionador nacional mancouse durante o adestramento matinal.
8. Moitos pensamos que a última película que protagoniza ese actor será todo un éxito.
9. Os zapatos que mercou Mariña sonlle moi cómodos.
10. O bar da esquina que rexenta Alberto ten sempre moita xente.
11. Xa lle dixemos que o programa informático que nos pasara Rafael estaba moi ben.
12. Non sabiamos qué roupa poñer para ese evento.
13. Durante as xornadas que imos celebrar  dirémoslles que todo o traballo que deben realizar corre pola súa conta.
14. Parece que hai demasiada xente que opina que todo o que sae na Internet é pouco fiable.
15. Dille que xa sabes que naceu o neno que esperaba a veciña do quinto e que é un bebé precioso.
16. Necesito que me digas qué tipo de tea queres que merque para lle faceres o disfraz que che pediu Manuela.
17. Xa sabemos que o que temos que traballar é importante para poder aprobar todo o curso.
18. Nunca chegamos a pensar que iso que lle dixemos puidese afectarlle tanto.
18. Non sabemos qué lle puido sentar tan mal.
20. Cóntalle ao teu amigo qué é o que che pasou.
21. Queres que sexa eu o que lle diga que aprobou?
22. Gústame moito o xersei de raias que leva Adela.
23. Encantoume oírlle dicir que tiñas razón.
24. Preferiría que foses ti a persoa que lle comunicases esa nova.
25. Non sei qué lle puido pasar pola cabeza para pensar que nós poderiamos desexarlle que lle sucedese iso que lle pasou.