PROFESGALEGAS


IDENTIFICA AS CONX./ LOC. CONXUNTIVAS
Identifica e subliña os nexos que atopes nas seguintes oracións bipolares. Ex. Como chegamos tarde, decidimos non entrar na reunión. Conx. Causal.

1. María tenche máis sentidiño ca ela aínda que non cho pareza. Conx. Comparativa// Loc. Conx. concesiva
2. Malia saír elixido delegado non está contento, porque sempre ten que queixarse de todo. Conx. Concesiva// conx. causal
3. Unha alta porcentaxe da poboación sofre esa doenza, sen embargo nunca sae reflectido nas estatísticas. Loc. Conx. Adversativa.
4. Como non me entreguedes as autorizacións que vos enviamos non iremos de excursión porque sen elas non podemos facer nada. Conx. Condicional// conx. causal
5. Por moito que che poida parecer unha persoa honrada, non cho é tanto porque mira o que lle fixo a Raquel. Loc. Conx. Concesiva// conx. causal.
6. Dado que non hai máis dúbidas fixaremos a data para a realización do exame de avaliación. Loc. Conx. causal
7. A xente segue estando temerosa, a pesar de que nos medios de comunicación digan que non hai posibilidade de haber outro terremoto. Loc. conx. concesiva
8. Moitos veciños desa urbanización que foi asaltada teñen medo, xa que consideran que non están totalmente protexidos. Loc. Conx. causal.
9. Os médicos din que a operación saíu ben, non obstante haberá que ser cautelosos e ver como evoluciona o pacente, visto que noutros casos o postoperatorio non foi tan bo. Loc. Conx. adversativa // loc. Conx. causal
10. Sempre que ela se faga responsable deses cartos os demais podemos estar tranquilos. Loc. Conx. condicional.


Comentarios (0) - Categoría: EXERCICIOS SINTAXE 4º ESO - Publicado o 08-05-2017 13:26
# Ligazón permanente a este artigo
Neste espazo deixaremos pegadas sobre aspectos lingüísticos e literarios da nosa cultura
Benvid@s ao noso blog. Nel atoparedes, tal e como vedes, aspectos relativos ao noso idioma, tanto desde a perspectiva lingüística, como sociolingüística e literaria. Contamos coa vosa colaboración para que isto vaia "pra diante".

Ademais de información relacionada coa materia de Lingua e Literatura Galega, vou ir engadindo datos relacionados coas materias de Lingua e Literatura Catelá e de Latín, pois son dúas materias que imparto este curso e como este blog é para min unha ferramenta de traballo, incluirei tamén temas relacionados con estas dúas materias.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal