PROFESGALEGAS


Neste espazo deixaremos pegadas sobre aspectos lingüísticos e literarios da nosa cultura
Benvid@s ao noso blog. Nel atoparedes, tal e como vedes, aspectos relativos ao noso idioma, tanto desde a perspectiva lingüística, como sociolingüística e literaria. Contamos coa vosa colaboración para que isto vaia "pra diante".

Ademais de información relacionada coa materia de Lingua e Literatura Galega, vou ir engadindo datos relacionados coas materias de Lingua e Literatura Catelá e de Latín, pois son dúas materias que imparto este curso e como este blog é para min unha ferramenta de traballo, incluirei tamén temas relacionados con estas dúas materias.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Outro exercicio de identificación de cláusulas substantiva.
Identifica a función sintáctica da cláusula substantiva e subliña a cláusula substantiva.
1. Creo que pasou a esa hora.
2. Parece que é importante.
3. Trata de arrincalo, Carlos.
4. Teño moitas ganas de verte.
5. Quedou canso de tanto traballar.
6. Quedamos fartos de oírlle contar sempre o mesmo chiste.
7. Estamos pendentes de que nos comuniquen a data do exame.
8. Preferimos encargárllelo nós.
9. Dedidimos ir a ese concerto a última hora.
10. Que o consiga agora é moi beneficioso para toda a familia.
Categoría: EXERCICIOS DE SINTAXE - Publicado o 20-04-2010 12:31
# Ligazón permanente a este artigo
SOLUCIÓN DO EXERCICIO DE IDENTIFICACIÓN DE NEXOS (20/4/2010)
1. A broma resultou tan convincente que ninguén se decatou de que era mentira. OR. BIP. CONSECUTIVA.
2. Sempre que queiras, axúdoche a preparar esa proba OR. BIP. CONDICIONAL.
3. Como non me entregues hoxe ese traballo que tes pendente comigo, non che corrixo o exame. OR. BIP. CONDICIONAL.
4. Nunca se dará decidido, daquela non contes coa súa opinión. OR. BIP. CONSECUTIVA
5. Dille que veña, porque contamos con el para darlle unha festa sorpresa a Uxío. OR. BIP. CAUSAL.
6. Como eran moi malos, perderon o partido. OR. BIP. CAUSAL
7. Visto que non daremos cegado a un acordo hoxe, suspendemos a negociación ata maña. OR. BIP. CAUSAL
8. Quedou tan sorprendido que non foi capaz de falar nunca hora. OR. BIP. CONSECUTIVA.
9. Os meus pendentes son máis caros cós teus, así que deixa de discutir sobre ese tema. OR. BIP. CONSECUTIVA que contén no ANTECEDENTE unha OR BIP COMPARATIVA.
10. Mentres eu remato isto ti vai quentando a cea, xa que como poderás ver eu non podo estar a todo. OR. BIP. CAUSAL
11. Uns falan tanto coma os outros. OR BIP COMPARATIVA
12. Cando me deron esa nova non souben qué dicir, de modo que quedei calado durante un anaco. OR. BIP. CONSECUTIVA
Categoría: EXERCICIOS DE SINTAXE - Publicado o 20-04-2010 11:03
# Ligazón permanente a este artigo
Subliña o nexo e identifica o tipo de oración bipolar (20/4/2010)
1. A broma resultou tan convincente que ninguén se decatou de que era mentira.
2. Sempre que queiras, axúdoche a preparar esa proba
3. Como non me entregues hoxe ese traballo que tes pendente comigo, non che corrixo o exame.
4. Nunca se dará decidido, daquela non contes coa súa opinión.
5. Dille que veña, porque contamos con el para darlle unha festa sorpresa a Uxío.
6. Como eran moi malos, perderon o partido.
7. Visto que non daremos chegado a un acordo hoxe, suspendemos a negociación ata mañá.
8. Quedou tan sorprendido que non foi capaz de falar nunca hora.
9. Os meus pendentes son máis caros cós teus, así que deixa de discutir sobre ese tema.
10. Mentres eu remato isto ti vai quentando a cea, xa quecomo poderás ver eu non podo estar a todo.
11. Uns falan tanto coma os outros.
12. Cando me deron esa nova non souben qué dicir, de modo que quedei calado durante un anaco.
Categoría: EXERCICIOS DE SINTAXE - Publicado o 20-04-2010 11:01
# Ligazón permanente a este artigo
Corrección do exercicio de identificación de cláusulas substantivas (19/4/2010)
Subliña a cláusula substantiva e indica a función sintáctica que desenvolve.
Ex. Que estiveramos todos alí presentes nese momento foi estupendo. F. SUX

1. Creo que podemos quedar ás nove da noite.F: CD
2. Preferimos falalo máis tarde.F: CD
3. Trataremos de solucionalo axiña.F: SPTO
4. Que veñades todos á festa é fenomenal.F: SUX
5. Que o queirades xa paréceme estupendo.F: ATO
6. Alégrome de verte.F: SPTO
7. Decidimos alugar un piso para as vacacións.F: CD
8. Quero ir ao cine.F: CD
9. Quixera mercar ese coche.F: CD
10. Ten sorte de que eles estivesen nese momento dentro da aula.F: MOD DE F. SUBST
11. Teño medo de que se vaia.MOD DE F. SUBST
12. Fun capaz de resolvelo eu mesma.MOD DE F. ADX
13. Está convencido de que pode aprobar.MOD DE F. ADX
14. Estamos fartos de oírche sempre as mesmas cousas.MOD DE F. ADX
15. Estamos cansos de traballar no mesmo.MOD DE F. ADX
Categoría: EXERCICIOS DE SINTAXE - Publicado o 19-04-2010 16:53
# Ligazón permanente a este artigo
Identificación de cláusulas substantivas (19/4/2010)
Subliña a cláusula substantiva e indica a función sintáctica que desenvolve.
Ex. Que estivéramos todos ali presentes nese momento foi estupendo. F. SUX

1. Creo que podemos quedar ás nove da noite.
2. Preferimos falalo máis tarde.
3. Trataremos de solucionalo axiña.
4. Que veñades todos á festa é fenomenal.
5. Que o queirades xa paréceme estupendo.
6. Alégrome de verte.
7. Decidimos alugar un piso para as vacacións.
8. Quero ir ao cine.
9. Quixera mercar ese coche.
10. Ten sorte de que eles estivesen nese momento dentro da aula.
11. Teño medo de que se vaia.
12. Fun capaz de resolvelo eu mesma.
13. Está convencido de que pode aprobar.
14. Estamos fartos de oírche sempre as mesmas cousas.
15. Estamos cansos de traballar no mesmo.
Categoría: EXERCICIOS DE SINTAXE - Publicado o 19-04-2010 16:47
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal