PROFESGALEGAS


IDENTIFICA O TIPO E SUBLIÑA A CLÁUSULA ADVERBIAL
1.- Quedamos onde sempre nos vemos.
2.- Cando saibas algo, avísame.
3.- Mentres non decidamos algo máis non resevaremos praza nese hotel.
4.- Onde queira que vaias chámame.
5.- Actuou segundo lle ditou o seu corazón.
6.- Instálao como che indicou o técnico.
7.- Revísao e fai os cambios conforme poidas.
8.- Tan pronto como teñas alguna novidade dínolo.
9.- Fixen ese doce de mazá variando algo aquela receita que me deras.
10.- Sempre que lle repetía iso actuaba comportándose como unha fera salvaxe.
Comentarios (0) - Categoría: EXERCICIOS DE SINTAXE - Publicado o 20-04-2009 10:34
# Ligazón permanente a este artigo
A CLÁUSULA COMPLEXA ADVERBIAL
Ata agora falamos da existencia de dous tipos de cláusulas complexas: a substantiva e a adxectiva ou de relativo;quédanos por tratar a cláusula adverbial. Como o seu nome indica desenvolve as mesmas funcións que un adverbio e distinguimos por tanto tres tipos: a locativa, a temporal e a modal.

A CLÁUSULA ADVERBIAL LOCATIVA
Presenta estas características:
* Vai introducida pola conxunción locativa ONDE ou pola locución conxuntiva ONDE QUEIRA QUE
* Sintacticamente desenvolve sempre a función de CCL
* Da característica anterior deducimos que sería sempre substituíble por un adverbio de lugar, como por exemplo o adverbio ALÍ

A CLÁUSULA ADVERBIAL TEMPORAL
Presenta estas características:
* Vai introducida polas seguintes conxuncións ou locucións temporais:A PENAS, ANTES DE QUE, DESDE QUE, DES QUE, DENDE QUE, DEICA QUE, DE SEGUIDA QUE, TAN PRONTO, DE CONTADO QUE, CANDO QUEIRA QUE, ANTES QUE, ASEMADE, ASÍ QUE, ATA QUE, DESPOIS DE QUE, DESPOIS QUE, EN TANTO, ENTRE TANTO, ENTREMENTRES, INDA BEN NON, LOGO QUE, MAL, AXIÑA QUE, CADA VEZ QUE, CANDO, MENTRES, MENTRES TANTO, NAMENTRES, NON BEN, AO QUE, (POR) EN CANTO, SEMPRE QUE, TAN PRESTO
* Sintacticamente desenvolve sempre a función de CCT
* Da característica anterior deducimos que sería sempre substituíble por un adverbio de lugar, como por exemplo o adverbio DESPOIS

A CLÁUSULA ADVERBIAL MODAL
Presenta estas características:
* Vai introducida polas seguintes conxuncións ou locucións temporais:(ASÍ) COMO, BEN COMO, COMA SE, COMO QUEIRA QUE, COMO SE, CONFORME, CONSONTE, DE FORMA QUE, DE MANEIRA QUE, DE MODO QUE, DE XEITO QUE, MAL COMO, SEGUNDO, SEN QUE, (TAL) CAL, (TAL) COMO, TAL E COMO.
* Sintacticamente desenvolve sempre a función de CCM
* Da característica anterior deducimos que sería sempre substituíble por un adverbio de lugar, como por exemplo o adverbio ASÍ
Comentarios (0) - Categoría: APUNTAMENTOS DE SINTAXE - Publicado o 20-04-2009 10:16
# Ligazón permanente a este artigo
Neste espazo deixaremos pegadas sobre aspectos lingüísticos e literarios da nosa cultura
Benvid@s ao noso blog. Nel atoparedes, tal e como vedes, aspectos relativos ao noso idioma, tanto desde a perspectiva lingüística, como sociolingüística e literaria. Contamos coa vosa colaboración para que isto vaia "pra diante".

Ademais de información relacionada coa materia de Lingua e Literatura Galega, vou ir engadindo datos relacionados coas materias de Lingua e Literatura Catelá e de Latín, pois son dúas materias que imparto este curso e como este blog é para min unha ferramenta de traballo, incluirei tamén temas relacionados con estas dúas materias.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal