PROFESGALEGAS


Corrección do exercicio de cláusulas adxectivas
1.- Pareceunos ver que a rapaza que entraba pola porta era a túa veciña.F: SUXEITO
2.- As mellores ofertas que tivemos foron as de inverno.F: CD
3.- O libro de inglés que me deixaron é interesante.F: CD
4.- A rapaza da que che falei está agora aí.F: SUPLEMENTO
5.- A película que máis me gustou foi esta.F: SUX
6.- O anzol co que pescou as troitas rompeu.F: CC
7.- O novo cd dese grupo que sae mañá á venda será todo un éxito.F: SUX
8.- O problema co que se pode atopar é este.F: CC
9.- O pirata ao que lle faltaba unha perna chamábase Garfio.F: CI
10.- A piscina na que nos bañamosnon era olímpica.F: CC
Comentarios (0) - Categoría: EXERCICIOS DE SINTAXE - Publicado o 26-03-2009 12:35
# Ligazón permanente a este artigo
SUBLIÑA A CLÁUSULA DE RELATIVO E INDICA A FUNCIÓN QUE DESENVOLVE O PRONOME
1.- Pareceunos ver que a rapaza que entraba pola porta era a túa veciña.
2.- As mellores ofertas que tivemos foron as de inverno.
3.- O libro de inglés que me deixaron é interesante.
4.- A rapaza da que che falei está agora aí.
5.- A película que máis me gustou foi esta.
6.- O anzol co que pescou as troitas rompeu.
7.- O novo cd dese grupo que sae mañá á venda será todo un éxito.
8.- O problema co que se pode atopar é este.
9.- O pirata ao que lle faltaba unha perna chamábase Garfio.
10.- A piscina na que nos bañamos non era olímpica.
Comentarios (0) - Categoría: EXERCICIOS DE SINTAXE - Publicado o 10-03-2009 13:23
# Ligazón permanente a este artigo
A CLÁUSULA ADXECTIVA OU DE RELATIVO
A cláusula adxectiva ou de relativo
Como o seu nome ben inidica este tipo de cláusulas compórtanse xeralmente como un adxectivo, polo que en moitos casos se podería substituír. Debes ter en conta o seguinte:
1. O pronome relativo sempre está relacionado co seu ANTECEDENTE –substantivo ou no seu defecto pronome- ao que modifica e vai estreitamente vencellado. É o que acontece en secuencias do tipo: o libro que estou a ler é moi entretido; onde a cláusula de relativo é “que estou a ler” e modifica ao substantivo libro. Un exemplo no que a cláusula de relativo modifique a un pronome sería: Ese que colliches está ben, onde “que colliches” é a de relativo e modifica ao pronome ese.
2. Do dito anteriormente deducimos outra característica que é que toda cláusula de relativo por regra xeral sae do MOD dunha F.SUBST, se ben en determinadas ocasións, isto é, cando o pronome relativo vai precedido do artigo o/a/os/as esta –a cláusula de relativo- aparece substantivada e compórtase de xeito independente, pero deixamos este caso para ser explicado máis adiante, para non enlear tanto a explicación.
3. Por último debemos ter en conta outro aspecto máis e é que o pronome relativo desenvolverá unha función sintáctica concreta, e velaí o problema: como saber que función desenvolve? Pois buscando o seu antecedente e colocándoo no lugar do pronome relativo poderemos saber a ciencia cera qué función desenvolve. Vexamos un exemplo: O reloxo dixital que lle regalaron é de cor azul; o antecedente é “reloxo dixital” e é que debemos substituír quedando a cláusula así: Regaláronlle un reloxo dixital, onde reloxo dixital é CD, daquela a función sintáctica do pronome relativo é CD.
Categoría: APUNTAMENTOS DE SINTAXE - Publicado o 10-03-2009 13:14
# Ligazón permanente a este artigo
Neste espazo deixaremos pegadas sobre aspectos lingüísticos e literarios da nosa cultura
Benvid@s ao noso blog. Nel atoparedes, tal e como vedes, aspectos relativos ao noso idioma, tanto desde a perspectiva lingüística, como sociolingüística e literaria. Contamos coa vosa colaboración para que isto vaia "pra diante".

Ademais de información relacionada coa materia de Lingua e Literatura Galega, vou ir engadindo datos relacionados coas materias de Lingua e Literatura Catelá e de Latín, pois son dúas materias que imparto este curso e como este blog é para min unha ferramenta de traballo, incluirei tamén temas relacionados con estas dúas materias.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal