PROFESGALEGAS


Corrección de cláusulas substantivas II
1.- Ten intencións de perdoarche
2.- Está totalmente convencido de que o fixeches ti.
3.- Temos moitas ganas de ver ao teu sobriño.
4.- É consciente de que non pode facer moito máis.
5.- Tivo sorte de que o axudaran nese intre.
6.- É incapaz de estar calado.
7.- Ese equipo ten moitas posibilidades de gañar a copa do Rei.
8.- Ten opcións de cambiar de equipo.
9.- Está farta de contarlle sempre o mesmo conto aos cativos.
10.- Son capaz de conseguircho nunha semana.
Categoría: EXERCICIOS DE SINTAXE - Publicado o 19-02-2009 20:54
# Ligazón permanente a este artigo
Exercicio de identificación de cláusulas substantivas (II)
Nesta actividade debes sinalar a cláusula substantiva e indicar se sae do MOD dunha frase substantiva ou dunha adxectiva

1.- Ten intencións de perdoarche
2.- Está totalmente convencido de que o fixeches ti.
3.- Temos moitas ganas de ver ao teu sobriño.
4.- É consciente de que non pode facer moito máis.
5.- Tivo sorte de que o axudaran nese intre.
6.- É incapaz de estar calado.
7.- Ese equipo ten moitas posibilidades de gañar a copa do Rei.
8.- Ten opcións de cambiar de equipo.
9.- Está farta de contarlle sempre o mesmo conto aos cativos.
10.- Son capaz de conseguircho nunha semana.
Categoría: EXERCICIOS DE SINTAXE - Publicado o 05-02-2009 12:31
# Ligazón permanente a este artigo
A cláusula substantiva que sae dun MOD dunha frase subtstantiva ou adxectiva (II)
Tal e como vimos toda cláusula substantiva ao se comportar como un substantivo pode chegar a desenvolver as mesmas funcións sintácticas ca este. neste sentido temos que sinalar que en ocasións pode darse o caso de que a cláusula substantiva saia do MOD dunha F. SUBST. Como exemplos poñemos os seguintes: Tes sorte de que eles estiveran alí nese momento; ten vontade de mellorar; ten intencións de reuperar o tempo perdido, ter ganas de ver unha película etc.

Por outra banda, pode darse a circunstancia de que a cláusula substantiva saia do MOD dunha F. ADX -esta á súa vez desenvolverá sempre a función de ATRIBUTO. tal e como vemos nas seguintes secuencias:
Está farto de oírllelo; estamos cansos de repetirche sempre o mesmo; é consciente de que non o vai conseguir facilmente; é incapaz de pedir desculpas; está pendente de que o chamen para facerlle esa operación

Como podedes ver son estruturas moi similares todas elas, iso si, debedes ter en conta a categoría gramatical, é dicir, se é un substantivo ou un adxectivo, que ás veces, por inercia, tendemos a nos trabucar e o reultado final é totalmente desastroso
Categoría: APUNTAMENTOS DE SINTAXE - Publicado o 05-02-2009 12:16
# Ligazón permanente a este artigo
Neste espazo deixaremos pegadas sobre aspectos lingüísticos e literarios da nosa cultura
Benvid@s ao noso blog. Nel atoparedes, tal e como vedes, aspectos relativos ao noso idioma, tanto desde a perspectiva lingüística, como sociolingüística e literaria. Contamos coa vosa colaboración para que isto vaia "pra diante".

Ademais de información relacionada coa materia de Lingua e Literatura Galega, vou ir engadindo datos relacionados coas materias de Lingua e Literatura Catelá e de Latín, pois son dúas materias que imparto este curso e como este blog é para min unha ferramenta de traballo, incluirei tamén temas relacionados con estas dúas materias.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal