PROFESGALEGAS


Corrección do exercicio de identificación cláusulas substantivas
1.- Toda a clase dixo ao unísono que che vaia ben.
2.- Parece que vai mellorar o tempo.
3.- Creo que poderemos solucionalo axiña.
4.- Trataron de confundilo.
5.- Lémbrate de que hoxe recolles ao cativo.
6.- Moitos de nós cremos que ela tiña razón.
7.- A cuestión é que xa merquei as entradas.
8.- O importante agora é recuperarse da lesión.
9.- Que veñades todos á festa é estupendo.
10.- Que sucedese algo así era impensable.
Categoría: EXERCICIOS DE SINTAXE - Publicado o 28-01-2009 09:17
# Ligazón permanente a este artigo
Corrección do exercicio de identificación do suplemento
Neste exercicio subliñamos todo o suplemento para que se vexa claramente cál é.
1.- Trataremos de solucinarlle o problema canto antes.
2.- Na xuntanza de veciños falaron do problema dos ascensores.
3.-A bruxa converteuse nun rato noxento.
4.- O home ao anoitecer transformouse no lobo da xente.
5.- Alégrome moito de verte tan ben.
6.- Lémbrate de apagar a calefacción antes de te deitares.
7.- Non cambiaremos de opinión por moito que ti nos insistas no tema.
8.- Recupereuse moi pronto da lesión de xeonllo que padecía.
9.- Esquecinme de mandarche unha mensaxe ao móbil.
10.- Ocúpate ti dese caso, vale?
Categoría: EXERCICIOS DE SINTAXE - Publicado o 28-01-2009 09:15
# Ligazón permanente a este artigo
Exercicio de identificación de cláusulas substantivas
Subliña a cláusula substantiva e indica a súa función.
1.- Toda a clase dixo ao unísono que che vaia ben.
2.- Parece que vai mellorar o tempo.
3.- Creo que poderemos solucionalo axiña.
4.- Trataron de confundilo.
5.- Lémbrate de que hoxe recolles ao cativo.
6.- Moitos de nós cremos que ela tiña razón.
7.- A cuestión é que xa merquei as entradas.
8.- O importante agora é recuperarse da lesión.
9.- Que veñades todos á festa é estupendo.
10.- Que sucedese algo así era impensable.
Categoría: EXERCICIOS DE SINTAXE - Publicado o 26-01-2009 17:12
# Ligazón permanente a este artigo
A cláusula substantiva
A cláusula substantiva desenvolve as mesmas funcións que un substantivo, ou no seu defecto, é dicir, na súa ausencia, un pronome. Neste sentido una cláusula substantiva pode funcionar como SUXEITO, CD, CI, ATO, SUPLEMENTO. Vexamos algúns exemplos: en función de suxeito: Que o consigan será todo un logro para eles; en función de atributo: a cuestión é que sucedeu así; en función de complemento directo (lembra que este tipo de construcións darase sempre con verbos de pensamento, como é o caso de pensar, saber, dicir, etc): Creo que te equivocas; en función de complemento indirecto: a quén lle importa o que eu faga; e en función de suplemento: Trata de arrincalo, Carlos.
Por outra banda, debemos reparar na conxunción completiva que introduce unha cláusula substantiva, a conxunción que ou a conxunción se, como se pode ver nos seguintes exemplos: Ben vexo que xa o sabes; non sei se o comentou con vós.
Sen embargo, pode darse a circunstancia de que a cláusula substantiva leve o verbo en infinitivo como acontece en andar unha hora ao día é moi saudable.
Outro aspecto a termos en conta é o caso das cláusulas substantivas que conteñen unha interrogativa indirecta. Vexamos novamente un exemplo: pregúntalle qué hora é ou pregúntalle cánto custa ese MP4. Nestes casos, tanto o determinante interrogativo como o pronome interrogativo que aparece en cada unha das cláusulas desenvolve unha función sintáctica
concreta. Pero polo de hoxe, xa vai abondando e ímolo deixar por aquí.
Categoría: APUNTAMENTOS DE SINTAXE - Publicado o 26-01-2009 16:46
# Ligazón permanente a este artigo
Exercicio de identificación do suplemento
1.- Trataremos de solucinarlle o problema canto antes.
2.- Na xuntanza de veciños falaron do problema dos ascensores.
3.-A bruxa converteuse nun rato noxento.
4.- O home ao anoitecer transformouse no lobo da xente.
5.- Alégrome moito de verte tan ben.
6.- Lémbrate de apagar a calefacción antes de te deitares.
7.- Non cambiaremos de opinión por moito que ti nos insistas no tema.
8.- Recupereuse moi pronto da lesión de xeonllo que padecía.
9.- Esquecinme de mandarche unha mensaxe ao móbil.
10.- Ocúpate ti dese caso, vale?
Categoría: APUNTAMENTOS DE SINTAXE - Publicado o 24-01-2009 22:28
# Ligazón permanente a este artigo
O suplemento
O suplemento é aquela función sintáctica que aparece sempre e cando o verbo rexe unha preposición cun signicado pleno, como por exemplo, no caso de falar de, namorar(se) de, tratar de, convencer(se)de, insistir en, lembrar(se) de, esquecer(se) de, pensar en, crer en, confiar en, etc.Lembra que habitualmente tendemos a confundilo co CD, pero non pode ser CD porque este nunca leva preposición, a non ser que se trate dun CD de persoa, como acontece no caso de vexo a Carme. Para ver se todo isto quedou medianamente claro, velaí tendes outro "lote" de 10 clausuliñas para que identifiquedes o Suplemento.
Categoría: APUNTAMENTOS DE SINTAXE - Publicado o 24-01-2009 22:09
# Ligazón permanente a este artigo
Corrección do exercicio de identifición do suxeito
1.- Á cativa naceulle o seu primeiro dente.O suxeito é o seu primeiro dente.
2.- A eles gustoulles moito a película. A película é o suxeito. Lembra que o suxeito sempre concorda en nº e persoa co verbo.
3.- Moitos de nós pensámolo moitas veces. O suxeito é moitos de nós.
4.- Calquera outra opción lles parecería mellor.O suxeito é calquera outra opción.
5.- Raquel e Luís recibiron a mensaxe no móbil.Raquel e Luís é o suxeito
6.- Unha imaxe vale moito.O suxeito é unha imaxe.
7.- As palabras lévaas o vento.O vento é o suxeito.
8.- Coñecémolo mentres xogabamos un partido de fútbol.O suxeito neste caso está omitio (é elíptico) e e nós.
9.- Gústalles moito ese escritor a todo o mundo.O suxeito é ese escritor.
10.- Elas xa mo contaron.O suxeito neste caso é elas.
Categoría: APUNTAMENTOS DE SINTAXE - Publicado o 24-01-2009 22:01
# Ligazón permanente a este artigo
Exercicio de identificación do suxeito
1.- Á cativa naceulle o seu primeiro dente.
2.- A eles gustoulles moito a película
3.- Moitos de nós pensámolo moitas veces
4.- Calquera outra opción lles parecería mellor.
5.- Raquel e Luís recibiron a mensaxe no móbil.
6.- Unha imaxe vale moito.
7.- As palabras lévaas o vento.
8.- Coñecémolo mentres xogabamos un partido de fútbol.
9.- Gústalles moito ese escritor a todo o mundo.
10.- Elas xa mo contaron
Categoría: EXERCICIOS DE SINTAXE - Publicado o 21-01-2009 16:49
# Ligazón permanente a este artigo
A cláusula e o suxeito
http://miclase.files.wordpress.com/2008/04/sujeto.jpgCláusula é toda secuencia que contén un predicado, é dicir, un verbo. Neste sentido, a falarmos da presenza dun verbo teremos en conta parte da inforamción que tal categoría gramatical nos transmite, é dicir, todo verbo conleva unha serie de morfemas, denominados sufixos, que aportan información do modo no que acontece a acción, é dicir, indicativo, subxuntivo ou impertativo; do tempo no que se realiza a mesma (a acción) presente, pasado ou futuro; e das persoas que participan na mesma, isto é 1ª, 2ª ou 3ª persoas do singular e do plural. E dito isto, velaí que chegamos a outro elemento que pode aparecer na cláusula: o suxeito
En toda cláusla pode aparecer un suxeitoque indica quen realiza a acción. Pero ollo, como estamos en sintaxe, non debemos nunca confundir un suxeito gramatical cun suxeito lóxico. Explícolem: o suxeito gramatical en a todos os porcos lles chega o seu San Martiñoé o seu San Martiño. Moitos diredes, non o suxeito é todos os porcos que son os que morren, pois si, pero ese é o suxeito lóxico. En sintaxe traballamos de maneira razoada e seguindo unhas regras "gramaticais" que non teñen por qué concordar coa nosa maneira de "interpretar" a realidade.
Categoría: APUNTAMENTOS DE SINTAXE - Publicado o 21-01-2009 16:44
# Ligazón permanente a este artigo
As conxuncións e locucións conxuntivas
A imaxe simboliza a importancia de cada unha das conxunciónsCONXUNCIÓNS E LOCUCIÓNS CONXUNTIVAS
As conxuncións son aquelas ferramentas da nosa lingua que nos serven para, por unha banda, unir palabras, frases, cláusulas ou oracións –son as conxuncións copulativas, disxuntivas e distributivas- ou ben pola outra, para marcar relacións de dependencia duns elementos fronte a outros.
É este o caso dos nexos ou conxuncións que introducen as cláusulas complexas substantivas, de relativo ou adverbiais. Aínda que tamén non podemos esquecer a función que desenvolven aquelas conxuncións que marcan unha relación de xerarquización como é o caso das que aparecen nas oracións bipolares.
A continuación preséntase a relación de todas as conxuncións e locucións conxuntivas do galego.
As conxuncións/locucións copulativas, disxuntivas e distributivas son os NEXOS que aparecen nas estructuras coordinadas; unen palabras, frases, cláusulas e oracións.
Copulativas: a mais, e mais, nin, mais, e
Disxuntivas e distributivas: xa…xa, quer...quer, ou, volta…volta, ou...ou, ora...ora, ben...ben, cal...cal, nin…nin, que...que.
As adversativas , concesivas, condicionais, causais, comparativas e consecutivas son os NEXOS que aparecen nas oracións bipolares. Establecen unha relación de interdependencia entre os dous “polos” que conforman a oración.
Adversativas: pero, mais, aínda que, inda que, anque, non obstante, sen embargo, nembargantes, senón, con todo, así e todo, así a todo, por iso, emporiso, e iso que, agora que, ora que, agora ben, ora ben, senón que, fóra de que, só que, sacado que, sacando que, menos que, a menos que, excepto que, agás que, bardante(s) que.
Concesivas: a pesar de que, a pouco que, aínda que, anque, así, ben que, inda que, máis que, mal que, mesmo que, nin que, pese a que, por ( + adx.) que, por máis que, por moito que, por pouco que.
Condicionais: a menos que, a nada que, catar que, con se, quitando que, quitando se, a non ser que, a non ser que, a pouco que, aga que, aga se, agás que, agás se, bardante que, cando, caso de que, con tal de que, con tal que, de non ser que, de non ser se, en caso de que, excepto que, excepto se, onda non, quitado que, quitado se, sacado que, sacado se, sacando que, sacando se, salvo que, salvo se, se, sempre que, senón que.
Causais: como, como queira que, dado que, pois, pois que, por causa de que, por cousa de que, por culpa de que, por mor de que, porque, posto que, que, visto que, xa que
Consecutivas: (así) pois, (así) que, con que, daquela, de aí que, de forma que, de maneira que, de modo que, de xeito que, entón, entonces, logo, polo tanto, por conseguinte, por tanto, tan(to)...que, xa que logo.
Comparativas: ca, coma, como, que
As conxuncións/locucións finais, locativas, temporais e modais son os NEXOS que introducen os CCFIN, CCL, CCT E CCM respectivamente, dando lugar á presencia de cláusulas complexas adverbiais (estas manteñen unha relación de subordinación con respecto á cláusula principal)
Finais: a fin de que, a que, en favor de que, para que, porque, que.
Locativas: onde, onde queira que
Temporais: a penas, antes de que, desde que, des que, dende que, deica que, de seguida que, tan pronto, de contado que, cando queira que, antes que, asemade, así que, ata que, despois de que, despois que, en tanto, entre tanto, entrementres, inda ben non, logo que, mal, axiña que, cada vez que, cando, mentres, mentres tanto, namentres, non ben, ao que, (por) en canto, sempre que, tan presto
Modais: (así) como, ben como, coma se, como queira que, como se, conforme, consonte, de forma que, de maneira que, de modo que, de xeito que, mal como, segundo, sen que, (tal) cal, (tal) como, tal e como.
Completivas: que, se. Estes NEXOS introducen cláusulas complexas substantivas (ao igual que as adverbiais manteñen unha relación de subordinación con respecto á cláusula principal).


Categoría: APUNTAMENTOS GRAMÁTICA 3º ESO - Publicado o 21-01-2009 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
Neste espazo deixaremos pegadas sobre aspectos lingüísticos e literarios da nosa cultura
Benvid@s ao noso blog. Nel atoparedes, tal e como vedes, aspectos relativos ao noso idioma, tanto desde a perspectiva lingüística, como sociolingüística e literaria. Contamos coa vosa colaboración para que isto vaia "pra diante".

Ademais de información relacionada coa materia de Lingua e Literatura Galega, vou ir engadindo datos relacionados coas materias de Lingua e Literatura Catelá e de Latín, pois son dúas materias que imparto este curso e como este blog é para min unha ferramenta de traballo, incluirei tamén temas relacionados con estas dúas materias.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal